8/4/19

Segunda edición da Semana Carlos Casares de Xinzo de Limia

Lembrar que o prazo de presentación de traballos para os concursos encadrados dentro da segunda edición da Semana Carlos Casares de Xinzo de Limia é o  10 de maio de 2019. 

A modo de resumo, os concursos abertos son os seguintes:
 
"A Limia é así" (en modalidades de texto divulgativo, obra audiovisual, obra fotográfica ou ilustración, sobre a Limia, para escolares de 12 a 17 anos).

"Concurso de debuxos A galiña azul" para escolares de 6 a 15 anos en dúas modalidades.

"Unha cuberta para Antonio Fraguas" para escolares de 6 a 15 anos en dúas modalidades.
 
Podedes consultar as bases modificadas, premios e máis información na páxina do noso sitio web dedicada á Semana Carlos Casares en Xinzo de Limia: http://fundacioncarloscasares.org/ii-semana-carlos-casares/
 
 

Fundación Carlos Casares
Tel.: 616.761.749 / 986.171.941

No hay comentarios:

Publicar un comentario