Mostrando entradas con la etiqueta Lodoselo -pobo escola-. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lodoselo -pobo escola-. Mostrar todas las entradas

14/11/18

Magostos

Celebramos o magosto. O alumnado de Ed. Infantil e 1º, 2º, 3º de primaria como ides poder ver nas imaxes que poñemos a continuación: xogos, día espectacular e diversión.


http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d230943592kP835468290o2l1/magosto-2018


O alumnado de 4º, 5º e 6º saíron a facelo fóra; velaquí o enlace para saber onde foron e como o celebraron.

http://www.cdroviso.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=shownews&idn=2860&V_idmod=62&id=2860

13/11/18

Preparación da Andaina de Couso a Lodoselo

Mércores 14 de novembro. Agardamos polo bo tempo e si, por fin, mañá celebraremos o Magosto. Os de Infantil e os de Primaria (1º, 2º e 3º) no cole con xogos e xantar con castañas no patio... Os de 4º, 5º e 6º facemos unha nova andaina; tocou Faramontaos un ano, Trandeiras outro e este ano facemos a de Couso ata Lodoselo.


Preparación andaina Couso a Lodoselo
E despois destes dous días de sol esta tarde poidemos comprobar como están os camiños que hai uns días andaban cheos de auga... Así que no canto de ir por Freande imos facer a baixada por Freixo. Estas son as estampas que hoxe, sen ninguén, co río Limia á dereita tanto me gustaron. Mañá co alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria faremos este percorrido; o punto de partida será Couso (que visitaremos) e despois cara baixa; ademais de cruzar Freixo e falar coa vecindade (xa están avisados) agardamos que ó chegar a Lodoselo nos teñan os xogo populares e  tradicionais preparados; e que a xente da vivenda comunitaria, do centro de inclusión, do pobo, pase con nós un anaquiño da súa xornada. Grazas ao persoal do CDR "O Viso" pola colaboración. Xa nos agardan coa porta aberta. A continuación toca debullar as castañas e acompañalas con algo máis. Agardamos que todo vaia ben.

27/5/16

Celanova, Lodoselo, As Corcerizas, Santiago...

Unha semana moi movida: Alumnado de 6º en Celanova. Visittaron o mosteiro de San Rosendo e a casa de Curros Enríquez e participaron nun concerto didáctico de órgano, acompañados pola profesora Marisol Mendive, profesora de órgano no Conservatorio de Ourense. Interpretaron unha peza tradicional galega " o vlas dos vellos", o Fortuna de K. Orff e a herba de namorar (outra peza tradicional). Velaquí a mostra dunha delas

Os de 1º de primaria nas Corcerizas, o equipamento de Amigos da Terra (en Arnuíde)


 

 

Os de Infantil de 3 anos e os de 3º de Primaria no Pobo escola (Lodoselo) parando antes en Piñeira Seca para ver as instalacións da Patacas Fritas Guays e á volta na parcela da SGHN





Neste enlace podedes ver moitas fotos deste día 

Os de 5º por Santiago: visitaron o Parlamento, as cubertas da catedral e a cidade da cultura. Aquí visitaron a exposición CON-FÍO e tamén realizaron un obradoiro.



26/5/14

Fin de semana en Lodoselo

    O alumnado de 5º A (e algúns máis) pasamos o sábado 24 e domingo 25 en Lodoselo. Xa estiveramos tod@s os de cuarto o curso pasado facendo as actividades "tipo" dun día de Pobo escola (facendo o pan, obradoiro do carballo con botas, paseo no carro co burro fariñeiro, etc.) pero esta vez pasamos a noite no albergue!!!! 
   Antes fixemos actividades cos animais, visitamos a granxa do José (ata estivemos na sá de ordeño con Josefa, Rosa Mari e Sabela) e collemos os ovos para a cea. Despois do partido fixemos un roteiro nocturno acompañados por Néboa (unha cachorra mastina) ata un souto de castiñeiros (onde vimos guaridas de animais salvaxes) e participamos nunha velada que nos preparou Alberto (co Meles Meles de protagonista).    O domingo visitamos ás persoas que están na Vivenda Comunitaria "A túa outra casa" e estivemos no "fiadeiro" aprendendo cómo a partires da lá das ovellas e do liño que se sementaba nas leiras se tecía; despois atendemos os animais (galiñas, coellos, sacamos as ovellas, os burros -e montamos na Torda e Terra-), aprendemos algúns xogos populares e tradicionais, etc. E, despois de xantar, tras visitar a mesa electoral que estaba no antiga escola do pobo fomos ó colmear. Pasámolo xenial !!!!!
   Velaquí algunhas fotos para lembrarmos momentos desta saída.