4/10/18

Participamos no programa VOZ NATURA

Un curso máis participamos no programa Voz Natura; coma outros 360 centros galegos. Esta é a nosa proposta ou calendario de execución de actividades:


Setembro 2018: Posta en marcha do proxecto: explicación, motivación e re-organización do mesmo. Posta en marcha dos equipos de supervisión ambiental. Xestións para mercar os materiais necesarios para o correcto desenvolvemento do programado.

Outubro, Novembro e Decembro 2018: Distribuír na horta e nos espazos de xardín o humus (a partires da compostaxe que estivemos a facer ó longo do ano). Principalmente a partires da recollida de follas no patio; que as empregamos non só para  compostaxe; tamén para o acolchado dos socalcos da horta. Banco de sementes (recollida de sementes –coa implicación da familias- e a elaboración da conseguinte ficha para a nosa biblioteca). Tamén a estratificación dalgunhas e a aprendizaxe doutras maneiras de conservación das sementes. 

Xaneiro, Febreiro e Marzo 2019: Semilleiros nas aulas, tamén en camas quentes e ir transplantando para a horta aquelas que mellor van resistindo. Intentar adiantar datas co cultivo baixo cuberta: a modo de invernadoiro. Trataremos de sacar adiante unha rolada de pitiños, así como atender algúns dos animais que, normalmente, nesta tempada levamos ó centro (coellos).          

Abril, Maio e Xuño 2019: Engadir outro plantío na horta. Atender, coidar as nosas plantas; unha aposta pola agricultura biolóxica e coñecemento doutros enfoque (agr. Biodinámica). Acolchado, sombreo, rego. Memoria de actividades, panel resume para e participación na festa de voz natura en Culleredo, como todos os anos.

En cada trimestre faremos algunha saída-andaina (como estamos facendo cada curso e é costume no centro) para coñecer mellor o noso entorno.  Igual que as exposicións na biblioteca. Tamén a partires dos paneis colocados no patio sobre as árbores e os paxaros facemos actividades relacionadas: xogos de pistas para o seu recoñecemento, censo de paxaros, construción/colocación de caixas niño, etc.

http://blogs.voznatura.es/blogmaestrovnat/blog/2018/09/12/benvidos-ao-curso-18-19/

No hay comentarios:

Publicar un comentario