2/10/18

Maleta viaxeira da Igualdade

A través do CFR temos este mes a maleta viaxeira pola Igualdade na Biblioteca.

É un recurso bibliográfico elaborado por Educación, con libros de lectura para o alumnado, de apoio ó labor do profesorado interesado en tratar a temática da igualdade na aula. 

Son libros en lingua galega e castelá, publicados nos últimos anos que visitan todos os xéneros literarios (narrativa, poesía, teatro, banda deseñada, álbum ilustrado, biografías, ensaio); un total de  41 títulos para infantil e primaria.
 Na hora de lectura están rulando polas aulas. Graciñas pola colaboración.


No hay comentarios:

Publicar un comentario