9/10/17

Día mundial da saúde mental

Para a Organización Mundial da Saúde (OMS), a saúde mental defínese como "un estado de benestar no cal o individuo é consciente das súas propias capacidades, pode afrontar as tensións normais da vida, pode traballar de forma produtiva e frutífera e é capaz de facer unha contribución á súa comunidade".
A importancia da saúde mental destácase tamén na definición de saúde que figura na propia Constitución daOMS: "A saúde é un estado de completo benestar físico, mental e social, e non soamente a ausencia de afeccións ou enfermidades".

Para coidar a nosa saúde mental, debemos atender:
  • Os hábitos de alimentación: para previr problemas de saúde física e mental, o ideal é ter unha dieta equilibrada.
  • O autocoidado: é dicir, poñer atención á hixiene persoal, a vestimenta, etc.
  • O estilo de vida: debemos potenciar os ritmos tranquilos, gozar das cousas importantes da vida e do tempo de ocio, evitar o estrés e os excesos, fuxir do sedentarismo, etc.
  • O consumo de tóxicos: é importante reducir ou evitar o consumo de substancias tóxicas, tanto legais coma ilegais, para axudar a previr a aparición de enfermidades mentais.
    O trastorno mental é unha alteración de tipo emocional, cognitivo e/ou do comportamento no que quedan afectados procesos psicolóxicos básicos como a emoción, a motivación, a cognición, a conciencia, a conduta, a percepción, a aprendizaxe e a linguaxe, o cal dificulta a adaptación da persoa ao ámbito cultural e social no que vive e crea algunha forma de malestar subxectivo.
    É importante saber que as enfermidades mentais poden tratarse para lograr a recuperación ou permitir que a persoa que a padece poida ter unha mellor calidade de vida.
  • É fundamental entender a enfermidade mental como unha parte da nosa vida e unha circunstancia máis da persoa, e non como un elemento que anula o resto das nosas capacidades.
  • En Galicia, hai cerca de 30.000 persoas con certificado de discapacidade por enfermidade mental, sendo esta a segunda causa de discapacidade despois da física. Estes datos, recollidos no censo da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia 2015, revelan que se trata dun problema cunha amplísima repercusión, tanto nas persoas con enfermidade mental como nos seus familiares.



No hay comentarios:

Publicar un comentario