27/10/17

O Castelo de Portela de Pena


O alumnado de terceiro de primaria co profesorado e a axuda de Protección Civil, a Policía Municipal, a DXT e o noso Director motorizado tivemos unha xornada moi especial este 27 de outubro, día de feira en Xinzo. Achegámonos ata o pobo de Pena con motivo das catas arqueolóxicas que se estiveron a facer na Torre de Pena. 
A gran maioría puidemos ir en bici e os que foron en autobús ata o pobo subiron ata a torre como uns campeóns. Os que fomos en bici ata o pobo despois de sermos recibidos pola vecindade e posibilitarnos o deixar alí as bicis, cascos, roupa... Subiunos o autobús ata a Torre porque alí xa nos estaban esperando Israel e Miguel, dous dos arqueólogos que estiveron a facer estas excavacións. 
Fixemos dous grupos e mentres uns estiveron moi atentos ás explicacións dos últimos achádegos outro grupo estivemos a explorar os arredores (as cercas...). Toda unha aventura: onde algúns viamos ocos entre pedras outros vían portas secretas; e armas e tesouros e ...
Rematamos a mañá baixando de novo ó forno do pobo, recén recuperado polos habitantes do pobo e alí nos tiñan preparadas unas castañas asadas, bicas (do forno de Soutelo Verde). Imposible termos unha atención mellor. Moitísimas grazas ó Pobo de Pena, a Manolo Conde, en especial, ás familias  que nos asaron as castañas e ata as debullaron (grazas Diego e compañía!) para nós. 
E xa volvemos para o Ceip bordeando como fomos a Cidade (Morgade) e polas pistas a maior parte do percorrido. Uns campeóns que experimentamos algo de todo (frío, calor, algunha caída, avarías coas bicis, canseira, esforzo, medo...) e aprendemos (que escribían nas pedras, que rachaban as pedras con madeira e auga... que ó que lle chamamos torre de Pena foi o castelo de Portela de Pena, etc.).   

No hay comentarios:

Publicar un comentario