A/A Nais, Pais e Titor@s do alumnado do Centro.
En breve recibiredes da man dos vosos fill@s a seguinte comunicación.
NOTA INFORMATIVA
Dentro do proxecto de animación á
lectura gustaríanos contar coa colaboración das familias, de toda a comunidade
educativa; por iso propoñémosche participar na seguinte actividade:
“Ti,
tamén contas”
Consiste en que o adulto que o desexe (pai, nai,
avó, avoa, madriña, padriño, ti@…) veña á biblioteca durante o horario escolar
para lerlle ou contarlle un conto a un grupo de nenos e nenas.
Os/as interesados/as deben
enviar ó centro a nota adxunta cuberta e
xa nos poñemos en contacto. Moitas grazas.
Atentamente
O Equipo Dinamizador da Biblioteca
D/Dna………………………………………………………………………………………………gustaríame
participar como contacontos na
actividade: “Ti tamén contas”.
Día ou días da semana que prefire
…………………………………………………
Hora na que podería vir
……………………………………..
Teléfono de contacto …………………………….
Así que ídevos animando e participade. Moitas grazas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario