15/3/15

Palabras que engaiolan: Árbore e poesía

O vindeiro día 21 de marzo celébranse moitas cousas

“PALABRAS QUE ENGAIOLAN”

Árbore e Poesía. Desde a Biblioteca do cole queremos propoñervos a realización -ó longo desta semana- dunha árbore moi especial cheíña de poesía e decorada con follas elaboradas por tod@s. 
Co sosego e a imaxinación dos poetas pensaremos palabras:  poéticas, poderosas, sonoras, silenciosas, que nos fagan rir ou chorar, que garden segredos, que nos ofrezan calor ou sabor, que nos sorprendan, nos abracen, nos emocionen…  De todas elas elixiremos a que máis nos engaiole e:
Os máis pequenos escribirán a palabra na folla, colorearana de verde e colgarana.
Os demais realizaremos unha composición poética coa palabra elixida: un verso, un pareado, un haiku, un acróstico, unha pequena estrofa… escribirémola con letra clara na folla da árbore, e, despois de coloreala, colgarémola.
Feliz celebración
O equipo da Biblioteca

No hay comentarios:

Publicar un comentario