Velaquí algús momentos do traballo na nosa horta. A partires do banco de sementes que temos na Biblioteca (no que participamos toda a comunidade educativa) imos facendo semilleiros nas aulas e despois transplantamos; aquí na Limia -se queremos adiantar algo (conséguese poucas veces) hai que poñerlle manta térmica ou invernadoiro. Tamén medimos para saber canto temos que mercar se poñemos malla para evitar as malas herbas ou con vistas a colocar o sistema de rega por goteo... No trimestre pasado sacamos algunhas patacas, collemos algunha verdura e agora estamos poñendo acelga, leitugas e volvemos andar co plantío nas clases.
No hay comentarios:
Publicar un comentario