Un ano máis participamos neste grande "Abraço ao Río Lima" que lle damos dende fai xa cinco anos cos nosos compñaeir@s e amig@s das escolas de Ponte de Lima. Dende o Ceip Rosalía de Castro, Xinzo de Limia, amosar todo o noso agradecemento a todo o personal da Área Protexida das Lagoas encargados da organización deste evento que cada ano fai medrar máis as raíces que unen a todos os limiaos, e aos compañeiros e compañeiras da EB1 de Ponte de Lima e ao Centro Educativo As Lagoas, que un ano máis recibíronos e acolléronos dun xeito ESPECTACULAR, facéndonos sentir como se estiveramos na casa!!! Grazas a Irene, Sandra, Gonzalo, João, Manuela, ... e a todas e todos que nos fan sentir irmás e irmáns desa vila «germinada». Estamos xa prepararndo a acollida o vindeiro mes de marzo de todos vós, esperando chegar ao voso nivel de compromiso e sentimento. Saúdos e recordos de corazón, amigos/as!!! Aquí queda unha pequena mostra de todas as actividades que fixemos nestes dous días de convivencia marabillosa!!
E se queredes máis información, este enlace levaravos ao blogue da EB1 de Ponte de Lima, onde atoparedes moitas máis cousas....
No hay comentarios:
Publicar un comentario