O alumnado de 5º A (e algúns máis) pasamos o sábado 24 e domingo 25 en Lodoselo. Xa estiveramos tod@s os de cuarto o curso pasado facendo as actividades "tipo" dun día de Pobo escola (facendo o pan, obradoiro do carballo con botas, paseo no carro co burro fariñeiro, etc.) pero esta vez pasamos a noite no albergue!!!!
Antes fixemos actividades cos animais, visitamos a granxa do José (ata estivemos na sá de ordeño con Josefa, Rosa Mari e Sabela) e collemos os ovos para a cea. Despois do partido fixemos un roteiro nocturno acompañados por Néboa (unha cachorra mastina) ata un souto de castiñeiros (onde vimos guaridas de animais salvaxes) e participamos nunha velada que nos preparou Alberto (co Meles Meles de protagonista). O domingo visitamos ás persoas que están na Vivenda Comunitaria "A túa outra casa" e estivemos no "fiadeiro" aprendendo cómo a partires da lá das ovellas e do liño que se sementaba nas leiras se tecía; despois atendemos os animais (galiñas, coellos, sacamos as ovellas, os burros -e montamos na Torda e Terra-), aprendemos algúns xogos populares e tradicionais, etc. E, despois de xantar, tras visitar a mesa electoral que estaba no antiga escola do pobo fomos ó colmear. Pasámolo xenial !!!!!
Velaquí algunhas fotos para lembrarmos momentos desta saída.
Velaquí algunhas fotos para lembrarmos momentos desta saída.
No hay comentarios:
Publicar un comentario