Con este vídeo, queremos facer unha pequena homenaxe dende a nosa escola "Rosalía de Castro" en Xinzo de Limia ao escritor limiao Carlos Casares, neste 21 de marzo en que comeza a primavera, e que tamén é o día que lle adicamos a poesía. Aquí podedes ver e escoitar unha escolma de caligramas inéditos, elaborados polos nos@s alumn@s, adicados ao autor Carlos Casares, as súas obras e ao entorno onde viviu a súa infancia.
Que preciosidade! Co voso permiso imos colocar o vídeo no noso sitio web da Fundación Carlos Casares para que todo o mundo poida velo (http://www.fundacioncarloscasares.org/?page_id=1870).
ResponderEliminarDe novo, moitas grazas por tan fermosa homenaxe, e polas marabillosas poesías que fan deste vídeo unha auténtica xoia da que Carlos Casares se sentiría moi honrado.
--
Fundación Carlos Casares
Canta creatividade teñen os nosos alumnos!! Que traballo tan ben feito!!
ResponderEliminar