Con este vistoso caligrama, elaborado por Laura Rodríguez Parada, unha alumna de 6º C do CEIP Rosalía de Castro queremos anunciarvos a celebración do día da poesía o vindeiro 21 de marzo. Este curso celebrarémolo cunha exposición multimedia de caligramas inéditos, relacionados con Carlos Casares, a súa obra e o entorno onde viviu. Estes poemas foron elaborados por alumn@s do noso cole. Os autores/as lerán as súas obras na Biblioteca Escolar do noso Centro. Parabéns a tod@s eles polo seu traballo.
Parabéns a Laura, unha preciosidade!
ResponderEliminar