Pois o noso alumnado de cinco anos xa ten o primeiro feito... So lles quedan... 99 !!!
Unha actividade máis dentro do proxecto que este ano levan a cabo para coñecer distintas tradicións e profesións relacionadas co universo da artesanía.
Da man de Sergio Moreno, cesteiro de Allariz, as nenas e nenos de 6º de Ed. Infantil coñeceron de primeira man como se fai un cesto de vimbios... empezando como non pode ser doutro xeito pola base, como todas as boas aprendizaxes!
Día 21 de marzo de 2022 ... Día no que comeza a primavera, Día da Árbore, día de pechar ciclos e abrir outros novos que comezan...
Hoxe, o alumnado de 2º A puxo un precioso final a un ciclo doloroso que, por desgraza, lles tocou vivir. Ao lado do exemplar de Ginko Biloba que dende hoxe está no noso patio quedarán para sempre as lembranzas e as vivencias que Mari Carmen compartiu con tantas xeracións de rosalianas e rosalianos.
Estimadas familias, co gallo da
celebración do día do libro 2.022, desde o Equipo de Dinamización da Biblioteca
Escolar queremos celebralo cunha exposición temática na que o libro sexa o
protagonista. O alumnado e profesorado van preparar diversos materiais nas aulas
con cada curso. Pedimos tamén a colaboración a nivel individual de familias e
alumnado para que poidades aportar as vosas propostas a este singular “MUSEO DO
LIBRO”. Calquera tipo de proposta que mesture creatividade, orixinalidade e que
xire en torno ao libro como protagonista utilizando materiais diversos será ben
acollida ( esculturas, logotipos, manualidades, collage, cadros,…).
LER É DIVERTIDO
Por outro lado,no noso blog abrimos o espazo “LER E DIVERTIDO”. Neste recuncho
pódese aportar unha fotografía (non máis) que mesture lectura e situcións
divertidas e orixinais. Está permitido editar as fotografías para engadirlle un
toque artístico, sempre e cando sexan respectuosas desde calquer punto de
vista.
Que ben volver á Casa da Cultura do Concello de Xinzo de Limia (moitísimas grazas polas facilidades dadas polo persoal da Concellería de Cultura, María e Alfonso, para poder levar a cabo esta actividade) máis de dous anos despois e cunha obra tan divertida como este Saaabor!! da man de Félix Rodríguez e Fran Rei, que nos fixeron pasar unha hora de risas e entretemento!
"Saaabor!, Premio do públicoFesticlown 2018,é un espectáculo
cómico que mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público, co
mundo da gastronomía de fondo. Os nosos protagonistas convértense en dous
recoñecidos chefs que nos ofrecen pratos para todos os gustos: desde a comida
máis práctica e sinxela ata a máis elaborada, sen esquecer viño e sobremesa,
elaborando un saboroso menú para toda a familia.
Félix Rodríguez é un actor e músico con ampla traxectoria
escénica en compañías como Odaiko,Píscore e TríoRefugallo, que
nesta ocasión compleméntase perfectamente con Fran Rei, cómico que participou
en máis de 20 montaxes con compañías como VosSete Magníficosmáis Un,Pallasos en Rebeldía ouAcontrabutaca." https://www.culturactiva.org/es/espectaculo/saaabor
Xuntos crearon este espectáculo, unha receita chea de sabor
que fixo as delicias dos padais máis esixentes entre o noso alumnado!
Despois da charla que o coordinador da Agrupación de Protección Civil de Xinzo de Limia, Jesús Rivas, deu ao alumnado de sexto de Ed. Primaria sobre a importancia do control da véspora velutina, a clase de sexto B concienciouse de tal xeito que elaboraron unha chea de trampas para atrapar o maior número destes insectos e así contribuir ao control desta praga invasora que ameaza ás nosas especies autóctonas. Agora só queda colocalas en lugares estratéxicos para que cumpran a súa función e así participar nesta inicitaiva tan interesante!
Sabías que podemos conectar os auriculares por bluetooth grazas a unha muller? Que os nosos automóviles teñen luces de freo porque unha muller se lle ocorreu que eran necesarias?
Para conmemorar o Día Internacional da Muller todos os cursos fixemos un traballo de investigación sobre mulleres que teñen influido dun xeito moi importante nas nosas vidas cotiás e que, con toda seguridade, non o sabiamos!!
#8M2022 #EmpoderamentoFeminino
Fotografías: Profesorado do CEIP Rosalía de Castro
O alumnado e mestras de 6º de Primaria traballou durante o pasado mes de febreiro no espazo creativo da Biblioteca para crear as súas propias máscaras. No vídeo podedes apreciar os bos momentos que pasaron durante a elaboración.
MATERIAL: globos, cola, auga, alkil periódicos, pinturas e pincéis.
PROCESO DE ELABORACIÓN:
1º Darlle aire aos globos e forralos de pedaciños de papel coa axuda da cola e un pincel. Como hai que dar varias capas, temos que deixar secar ben unha antes de dar a seguinte.
2º Agora temos que pinchar os globos e, no molde que nos queda, recortar por abaixo; que é por onde imos a meter a nosa cabeza cando este rematada a máscara. Tamén temos que abrir a zona para os ollos.
3º. É hora de darlle forma a cara usando de novo papel e cola.
4º Deixamos secar e pintamos, cada quen ao seu gusto.
5º Deixamos secar de novo a pintura e dámoslle unha capa de alkil.
Dous grupos máis do noso centro (6º de Ed. Infantil e 4º de Ed. Primaria) fixeron unha visita ao Museo Galego do Entroido, onde da man de Carlos Martínez, percorreron todos os días sinalados do noso gran ciclo do Entroido e coñeceron de primeira man unha numerosa variedade de traxes singulares dos Entroidos máis coñecidos de Ourense, Galicia, España e Portugal, destacando entre todos eles, como non podía ser doutra forma, a nosa querida Pantalla, da que Carlos deu todos os detalles de como vestila e de como portarse cando a levamos posta. Temos relevo xeracional garantido!
Fotografías: José M. García, Sonia Pombar e Manuela Vázquez
Foron moitas as actividades feitas por todos os grupos do centro (elaboración de pensamentos, plantación de flores, un circuito onde o alumnado tiña que buscar datos sobre a vida e obra da nosa autora de cabeceira, ... entre outras moitas) para darlle a ben merecido homenaxe que a esctitora de Padón ben merece.
Aquií vos deixamos unha mostra de todo o que levamos a cabo esta xornada.
Fotografías: José M. García, Sonia Pombar,Mª Carmen Rodríguez, Manuela Vázquez
E seguimos en tempo de Entroido no noso centro! Desta volta o alumnado de sexto de Primaria fixo unha vista ao Museo Galego do Entroido, onde, da man de Carlos Martínez, poideron coñecer curiosidades do noso e de outros entroidos de toda Galicia.
Aproveitamos tamén a visita para pescudar na vida e obra do autor de cabeceira da Limia, Carlos Casares, facendo unha investigación persoal a través da exposición "Os mundos de Carlos Casares", sita na planta baixa do museo. Alí descubrimos o seu amor pola fotografía e polos trens a escala, así como a súa "obsesión" por coleccionar exemplares do "Principiño" en diferentes edicións e linguas.
Para rematar esta xornada visitamos tamén a sé da Asociación Cultural A Pantalla, onde puidemos observar exemplares moi antigos da nosa máscara, os primeiros traxes e un montón de elementos moi significativos de todo o noso ciclo de Entroido.
Rematamos cunha charla de Carlos e Leticia, da propia Asociación, onde nos explicaron como se debe vestir e comportar unha Pantalla nestes días de festa que están por chegar.
Fotografías: Trini Fortes, Jose M. García e Mª Jose Peaguda
Hoxe, o alumnado de sexto de Educación Infantil (5 anos) tivemos o grande privilexio de recibir no noso cole a Antonio Gómez, mestre artesán, que durante moitísimos anos era a persoa que máis vexigas preparaba en Xinzo para que as nosas Pantallas poideran "batilas" con forza durante os días grandes do noso Entroido.
Contounos todo o proceso de como se fai para que queden perfectamente curadas e non rebeten ás primeiras de cambio, de que animal son, ... e un montón de cousas interesantes que descoñeciamos totalmente.
Vimos tamén un vídeo, onde o noso invitado tamén aparecía, cos elementos máis significativos deste noso longo ciclo de días sinalados que temos na nosa vila (Fareleiro, Oleiro, Corredoiro, Entroido e Piñata).
Ao final, Antonio contestou a un montón de preguntas que previamente prepararamos en clase.
Unha mañá distinta! Un xeito distinto de aprender! Moitas grazas por todo!
Aproveitando a celebración do Día do Amor e da Amizade o 14 de febreiro, o alumnado de sexto de Educación Infantil (5 anos) elaboraron unha fermosa tarxeta para as súas familias baseada nun poema da nosa autora de cabeceira, Rosalía de Castro.
Despois acercáronse ata a oficina de Correos da nosa vila, onde despois de franquealas correctamente, contamos unha vez máis coa colaboración inestimable de Ramón Freire para asegurarnos que todas e cada unha delas chegara ao seu destino. Agardecer dende aqu´i o trato exquisito, unha vez máis, que Ramón sempre ten co noso alumnado, ao que lle enregou un obsequio en recordo desta visita.
Moitas grazas, Ramón!
Aquí tedes unha pequena reportaxe de todo o que fixeron e o ben que o pasaron, aprendendo dun xeito diferente!!!
Ola de novo, alá polo mes de decembro Papacontos convocou un concurso para "MENTES CREATIVAS" que quixeran deseñar modelos orixinais para un cartel de entrada o espazo creativo da nosa Biblioteca. No seguinte vídeo podedes ver e apreciar que houbo propostas moi divertidas e interesantes...
E @S GAÑADOR@S DO CONCURSO SON:
1º Posto : ClaudiaUrones Fid, de 5º curso.
2º Posto : Hállany Parejas Dos Santos, de 6º curso.
3º e 4º Posto: Adrián Chapado Cestrone de 3º curso e mateo Fidalgo garcía de 4º curso..
NORABOA A TODOS E A TODAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!
Celebrouse este domingo, 13 de febreiro, o Campionato Provincial Escolar de Campo a Través no circuito de A Veronza - Parque O Xestal de Ribadavia cunha ampla representación de atletas da Limia representados nas dúas entidades da nosa comarca, A.D. Limia e Limiactiva, con presenza de alumnado do noso cole.
A nivel de equipos, a Agrupación Deportiva Limia acadou un meritorio terceiro posto na categoría Benxamín Feminino co equipo formado por Lucía, Estela, María, Bimba e Naila.
Destacar que a nivel individual Hugo Gándara Guede acadou un fenomenal segundo posto e medalla de prata na súa categoría, Benxamín Masculino.
Tamén reseñar que houbo presenza por equipos e de xeito individual en todas as categorías e que acadaron un gran resultado. Parabéns para todas e todos os/as participantes!!!
Como cada 11 de febreiro conmemoramos o Día Internacional da Muller e Nena na Ciencia. Este ano e da man da Área de Responsabilidade Social e Cooperación da Universidade de Vigo chegou ao noso centro a exposición BRAVXS, onde "a través destas caretas ilustradas por Marta Riera,
exprofesora da Facultade de Belas Artes, a Universidade de Vigo pretende
darlles visibilidade a mulleres científicas, investigadoras e inventoras con
traxectorias vitais paradigmáticas nas que se observan trazas de inxustiza e
discriminación no ámbito da ciencia (o chamado «efecto Matilda»), pese á
importancia e á relevancia das súas achegas e descubrimentos.
Lynn Petra Alexander, primeira doutora honoris causa
da Universidade de Vigo; Ángela Ruiz Robles, profesora ferrolá e deseñadora do
primeiro prototipo de libro electrónico; Ada Lovelace, inventora da linguaxe de
programación; Jane Goodall, primatóloga que revolucionou esta disciplina grazas
ás súas observacións e análises; Hedy Lamarr, inventora da wifi; Jocelyn Bell,
descubridora dos pulsares ou Rosalind Franklin, clave no descubrimento do ADN,
son algunhas destas destacadas e fantásticas mulleres científicas e
investigadoras"
Moitos dos nosos cursos pasaron pola exposición para tomar boa nota da vida, da obra e do exemplo destas mulleres (entre outras moitísimas que tamén forman parte da nosa historia pasada e actual) co fin de telas como referente para futuras vocacións científicas, tal necesarias na sociedade que vivimos hoxe en dñia.
Segundo domingo do mellor Entroido do mundo! No cole quentamos motores e practicamos a lanzar as olas tal e como marca a tradición. Moitas grazas á Comisión do Entroido de Xinzo, e en especial a Adriana, por estar sempre dispostos a colaborar con nós en todas as actividades que organizamos! En breve, máis e mellor!!
Tanto tempo presente entre tod@s nós, pensando que simplemente era una torre e grazas aos traballos arqueolóxicos levados a cabo pola empresa adxudicataria descubrimos que tiñamos todo un castelo ao alcance da vista.
O noso alumnado de cuarto de Ed. Primaria, acompañado das súas mestras, poideron aprender de primeira man todos os secretos que esta edificación agocha e prestando toda a atención posible ás explicacións de Israel, arqueólogo ao cargo destes traballos de recuperación, tomaron moi boa nota do que alí está a acontecer e como, pouco a pouco, este noso castelo vai seguir sendo un sinal de referencia e de identidade para tod@s @s que vivimos na Limia.
Aproveitamos tamén esta xornada para visitar a Pedra Alta de Cortegada, testigo do paso dos distintos pobos e civilizacións por estas terras do Alto Limia.
Fotografías: Pepa Barge, Manuel Teijeiro e Manuela Vázquez
No CEIP Rosalía consideramos que a formación e a actualización educativa para o noso profesorado é un tema chave para dar resposta á realidade cada vez máis diversa do alumnado que acollee o noso centro.
Hoxe máis de sesenta asistentes, entre os que se contaban nais e pais, profesorado de distintos centros de toda a provincia e xente involucrada no trato día a día con este alumnado, asistiron á charla coloquio impartida pola Dra Dagmar Gabriela Nedelcu cun curriculo moi amplo (que pode ser consultado neste enlace) sobre este tema tan de actualidade.
Foron máis de dúas horas de encontro, onde a ela abordou tanto as bases teóricas deste transtorno, como as estratexias a levar a cabo por parte de familias e docentes para acadar uns mellores resultados académicos e, o que é moitísimo máis importante, unha inclusión no maior grado posible destes nenos e nenas na escola e na sociedade na que conviven. Asemade, a doutora contestou á todas as dúbidas propostas polos asistentes dos casos particulares aos que se enfrontan de xeito cotiá.
Contamos con que esta sexa a primeira de máis charlas onde abordar problemas e situacións cotiás que vivimos día a día na nosa escola e ás que tratamos de dar a mellor contestación posible que estea nas nosas mans.
Ao longo de dúas xornadas e da man do incombustible Lito, do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, dependente da Deputación de Ourense, o noso alumnado de sexto de Educación Primaria tivo a oportunidade de aprender como xogaban as xeracións anteriores e volver, de algún xeito, ás épocas nas que o xogo era algo espontáneo e onde as "pantallas" de videoxogos e telefónos intelixentes non tiñan ningunha presenza.
Na primeira sesión traballaron nun taller de baile, onde todas e todos compartiron unha experiencia moi enriquecedora na que a presenza da música cobra un papel fundamental á hora de pasar un bo rato.
Na derradeira sesión foi turno de aprender a xogar á "porca", e a verdade que non foi soamente un momento moi "intenso", en canto a competitivade se refire, se non tamén unha oportunidade para enteder todo ese vocabulario que vai unido a estes xogos tradicionais.
Agradecer unha vez máis ao CCP Xaquín Lorenzo e en especial a Lito a súa dedicación a este arduo traballo de recuperar e esparexer todas estes elementos que forman unha parte tan importante do noso patrimonio cultural inmaterial.