17/2/22

Seguimos aprendendo sobre o noso Entroido!!

Hoxe, o alumnado de sexto de Educación Infantil (5 anos) tivemos o grande privilexio de recibir no noso cole a Antonio Gómez, mestre artesán, que durante moitísimos anos era a persoa que máis vexigas preparaba en Xinzo para que as nosas Pantallas poideran "batilas" con forza durante os días grandes do noso Entroido. 

Contounos todo o proceso de como se fai para que queden perfectamente curadas e non rebeten ás primeiras de cambio, de que animal son, ... e un montón de cousas interesantes que descoñeciamos totalmente. 

Vimos tamén un vídeo, onde o noso invitado tamén aparecía, cos elementos máis significativos deste noso longo ciclo de días sinalados que temos na nosa vila (Fareleiro, Oleiro, Corredoiro, Entroido e Piñata).

Ao final, Antonio contestou a un montón de preguntas que previamente prepararamos en clase.

Unha mañá distinta! Un xeito distinto de aprender! Moitas grazas por todo!


Fotografías: Sonia Pombar e Diana Vispo

No hay comentarios:

Publicar un comentario