9/9/15

Benvid@s ó curso 2015/16.

                      
                       

Lembramos que o vindeiro curso comezará o xoves, 10 de setembro ás 09.15 para todo o alumnado do centro. Asi mesmo informamos que as listas dos grupos-clase e a lista provisional de admitidos no comedor escolar están expostas no exterior do edificio administrativo a partir das 10.00 da mañá do día nove (9) de setembro.

23/6/15

Festival fin de curso e Celebración 40 aniversario


Para rematar o curso tivemos unha grande festa no patio cuberto toda a comunidade escolar; dunha parte o festival que pon o broche final ó curso; doutra quixemos celebrar que este curso era o 40 aniversario da posta en marcha do Ceip Rosalía de Castro. Por isto ademais dunha exposición de fotos destes anos, quixemos que nos acompañaran os director@s que tivo o centro e tamén estiveron o noso inspector e a Xefa territorial. Metemos nun baúl "algo representativo" de cada aula e esperamos abrilo dentro de 10... ou máis anos. Bo verán e que todo vaia ben. Moitas grazas por seguir o blog e ata setembro!!!

Adeus "Rosalía": graduación dos de 6º



O pasado mércores 17 de xuño, na casa de cultura, tivemos a graduación do alumnado de 6º de primaria. Algúns incorporáronse ó Centro ó longo destes anos pero a maioría empezara aquí en Infantil de 3 anos... Momentos para lembrar, moitos sentimentos e emocións difíciles de controlar pero moito ánimo para seguir gozando a vida e formándonos como persoas, buscando "a parte que lle falta". Moitas grazas por acompañarnos e facernos máis "saborosos" estes momentos.

Visita do alumnado da escola Infantil

Recibimos ó alumnado da escola Infantil que se vai ecolarizar no noso centro o vindeiro curso. Por iso demos unha volta polas instalacións do Ceip (aínda que na fotos só se recolle o momento da visita ó comedor...) e descubrimos con moito gozo que aquí está "Rosalía" a coelliña, que, tamén eles coñecen porque estivo algúns días, ó longo do curso, na Galiña Azul.

10/6/15

Participamos na festa de Voz Natura

O pasado sábado 6 de xuño estivemos no parque de Acea de Ama, en Culleredo, A Coruña. O grupo de 6º A e o equipo de voluntari@s que participaron como axudantes do Equipo Dinamizador da Biblioteca así como os "mellores lectores" (en canto a número de libros segundo o programa Meiga) e dous mestres e algúns pais e nais compartimos o día de festa co que Voz Natura nos agasallou por termos participado neste programa ó longo deste curso.

25/5/15

De visita no IES Lagoa de Antela


   Este luns 25 de maio o alumnado de 6º de primaria, cos titor@s e a Orientadora, fomos ó IES onde estaremos o vindeiro curso. Tamén acudiu o alumnado doutros centros da comarca que se van escolarizar aquí: Blancos, Baltar, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Vilar de Barrio. O Director e a Orientadora do Lagoa de Antela, no salón de actos do Centro, déronnos unha "charla" para írmonos facendo á idea de cómo nos vai cambiar a vida para o vindeiro curso e adiantáronnos algunhas informacións de interese. Faltounos dar unha volta polo Centro para coñecer un pouco mellor os espazos e interaccionar algo máis.

16/5/15

Celebramos o Día das Letras Galegas



Este venres 15 de Maio, San Cidre, patrón dos labregos... No Ceip tamén celebramos o día das Letras Galegas. Abriron o acto un sexteto do Centro: tres gaiteiros e tres pandereiteiras. Despois veu o que ó longo da semana preparamos cada aula do Centro, un pequeno agasallo, para os demais: caracterizar a un escritor galego ó que se lle adicara algunha vez o día das letras galegas (engadimos algún da nosa vila ó que esperamos que pronto se lle adique tamén este día) e ler para os demais un brevíssimo texto da súa obra. Tamén cantamos -tod@s- a mesma cantiga que tiñamos preparada: O meu mundo é.  E tod@s  lucindo nos nosos peitos #euson Rosalía. Parabéns artistas!!!!

12/5/15

Semana da Seguridade Vial

O Alumnado de 6º de Primaria -con motivo da Semana da Seguridade Vial- tivemos no CEIP a Sinda (educadora de Tráfico, Ourense), a Germán e Simple (Policías Municipais) e algúns membros de Protección Civil do Concello. Ademais dunha sesión teórica nas respectivas aulas, preparáronnos un circuíto polo patio para percorrer coas bicis, que este día, case todos, trouxemos ó Cole. Como poderedes ver, a continuación, pasámolo moi ben. Rematamos amosando os carteis feitos, lendo a declaración dos nen@s para a Seguridade Vial e asinámola.



 http://www.aeped.es/comite-seguridad-y-prevencion-lesiones-no-intencionadas-en-infancia/noticias/tercera-semana-mundial-las-nacion

#SaveKidsLives é a campaña oficial para a Terceira Semana Mundial das Nacións Unidas para a Seguridade Vial, do 4 ó 10 de maio de 2015. Esta campaña fai un chamamento á acción para salvar vidas de nen@s nas estradas de todo o mundo. 

Declaración de los Niños para la Seguridad Vial

¿Por qué mueren y resultan heridos miles de niños en las carreteras del mundo cada día? Porque no se está haciendo lo suficiente. Ustedes, nuestros líderes, tienen que escucharnos y actuar.
Somos niños. Puede que en futuro tengamos algo que decir, pero ahora mismo dependemos de su ayuda. Es necesario actuar cuanto antes o muchos niños no tendrán la oportunidad de hacerse mayores y hacer oír sus voces.
Y es aquí, donde ustedes, nuestros líderes y otros adultos, nos pueden ayudar uniéndose a esta llamada a la acción para asegurar que todos los niños puedan desplazarse con seguridad.
Todos nos merecemos estar seguros cuando vamos y volvemos de la escuela. Las carreteras tienen que ser seguras para que los niños puedan ir caminando a la escuela.
Queremos caminos seguros y ciclovías seguras, queremos reguladores de velocidad para que el tráfico sea más lento, y queremos cruces seguros para que podamos recibir una educación sin miedo y sin resultar heridos. Queremos que todos los vehículos que transportan niños, en todo el mundo, sean seguros. En todos los automóviles y autobuses tienen que haber cinturones de seguridad.
Cuando niños viajen con adultos en motos y scooters, tienen que llevar puesto un casco que los proteja. Sabemos que llevar puesto un casco o un cinturón de seguridad puede salvar vidas.
Beber alcohol y conducir es peligroso. Conducir demasiado rápido es peligroso. Las personas que transportan niños, no deberían hacer esas cosas, nadie debería hacerlo. La policía tiene que hacer más para protegernos y tiene que detener a las personas que van demasiado rápido o beben alcohol cuando conducen. Tenemos que estar protegidos en todo momento: cuando salimos con nuestras familias, cuando vamos a jugar o cuando vamos a la escuela.
Tienen que hacerse leyes, tienen que oírse las voces y se tiene que actuar para asegurar que las carreteras sean seguras para los niños, en todo el mundo.
Así que hacemos un llamado a ustedes, los líderes mundiales, para que incluyan actuaciones contra las muertes en las carreteras en los nuevos objetivos para el desarrollo mundial. Da igual donde vivamos, queremos y esperamos que haya seguridad vial para nuestros amigos, nuestras familias y para nosotros mismos.
Sólo somos niños y nuestras voces no siempre son oídas. Por eso necesitamos que nos ayuden, actuando. Si nos dan carreteras seguras ahora, podremos ser y seremos un buen ejemplo para las generaciones venideras. Por favor, escúchennos y actúen. Salvemos a nuestros niños.

8/5/15

Conmemoración das Letras Galegas


Con motivo da conmemoración das Letras Galegas o Equipo Dinamizador de Galego do Centro remitiumos a seguinte proposta didáctica para traballar a nivel de aula:


 Trátase de diversas actividades adaptadas a cada nivel que permitirán ao alumnado coñecer mellor ao autor homenaxeado este ano – Xosé Fernando Filgueira Valverde – e a súa obra. A versión impresa destas actividades está á vosa disposición en administración.

Nos seguintes enlaces podedes atopar máis información e actividades (LIM, pasapalabra...):


E neste outro, un interesante mapa interactivo que sitúa o lugar de procedencia de tódolos autores/as que foron homenaxeados dende que se instituíu esta celebración no ano 1963:


Por último, informarvos de que o día 15 de maio terá lugar un acto conmemorativo no que cantaremos a canción Meu o mundo é, do álbum Brincavai. Adxuntamos a letra da canción para que a traballedes na clase e un enlace do vídeo:



Poetas no mapa


AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) fixo público un mapa de poetas, realizado por Noelia Gómez. Uns maís coñecidos que outros, unhas con máis obra e outras.. pero todas elas con videos de recitados na páxina da asociación.
Como noutros ámbitos, na costa concéntranse tamén as persoas creadoras de poesía. Démoslle unha volta á xeografía mentres escoitamos poemas e coñecemos / recoñecemos poetas. Cada un de nós pode buscar quen está máis perto da súa localidade ou da súa sensibilidade (con rima, tamén). Asesoría de Bibliotecas escolares

http://culturagalega.gal/noticia.php?id=25206&soportal=lg3

27/4/15

Padriños e madriñas cos seus afillad@s no día do libro

Velaquí unha actividade que gusta e na que gozamos vendo estas estampas que agora compartimos con esta montaxe. Cada padriño/madriña cun ou dous afillad@s para os que lle prepara algunha lectura e á súa vez estos tamén buscan algo para lerlle, contarlle... e mesmo lle preparan algún agasallo. Antes temos que coñecer con quen imos estar, ímolos buscar, atendémolos... E de folla en folla, voando case como as follas polos multiuniversos. Unha sorte poder compartir estos momentos.
Ánimo porque queremos contar coas familias -que poidan e queiran- para este tipo de actividades. 
Parabéns!!!!
 

23/4/15

Aprendendo coas abellas

O alumnado de 1º e 2º de primaria  pasamos o día en Apípolis, en Santo André de Xeve, moi preto de Pontevedra capital; é un centro para a comprensión das relacións existentes entre os seres humanos e as abellas. Velaquí unha mostra, con fotos en branco e negro, dos obradoiros e os momentos que pasamos nesta xornada primaveral.

http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d19808027k1813551o1l1/appolis

20/4/15

V Abrazo río Limia

Os pasados 16 e 17 de abril, celebramos en Xinzo de Limia o V Abrazo ao río Limia, na compaña dos nosos compañeiros do CEIP Carlos Casares, a EB1 de Ponte de Lima, o CE das Lagoas e o CE da Ribeira. Foron dous días cheos de actividade e irmanamento entre todos nós. Sabemos cada día mellor da importancia do río que cruza a nosa vila, pero con encontros coma este tamén o Limia convértese en elemento unificador entre culturas e vilas, como xugo de amizade que ninguén poderá parar. Queremos agradecer as colaboracións na organización deste evento (ademáis dos cinco centros involucrados) ao Concello de Xinzo de Limia, especialmente ás súas concellerías de Educación e Deporte e a de Cultura, así como as Brigadas de Obras e a de Parques e Xardíns; á Policía Local e Protección Civil de Xinzo de Limia, tan necesarias en acontecementos coma estes; as ANPAS dos CEIPs Rosalía de Castro e Carlos Casares; á Banda Municipal de Gaitas, que nos entusiasmaron co seu marabilloso concerto do primeiro día, e, en fin, a todas as persoas e institucións que fixeron posible estes estupendos dous días de coñecemento e amizade entre nenos e nenas destas nosas vilas como son Ponte de Lima e Xinzo de Limia.
Arriba o Limia! Arriba o Lima!


17/4/15

Día Internacional do libro -quentando motores-

   Entre outras cousas, para a celebración do día do libro o vindeiro 23 de abril -nós celebrarémolo o venres 24- cun “apadriñamento/amadriñamento lector” do alumnado dos cursos superiores para os máis pequenos. Xa vos iremos dicindo...
Pero hoxe achegamos unha proposta para a realización dun marcapáxinas. Pincha no seguinte enlace: http://issuu.com/papacontos/docs/marcap__xinas
E xa podes ir buscando un libro para lerlle ese día ó teu afillad@ ou ó teu padriño/madriña e facendo o marcacáxinas para ter localizado o que vas preparando. Se precisas axuda, xa o sabes, estamos na biblioteca.

15/4/15

Finalistas no concurso "Xornalistas na escola"

  
 
http://issuu.com/papacontos/docs/eu_son_rosalia

   Hoxe o xornal escolar -suplemento dos mércores de la Región- publicou a participación do alumnado de 6º A no Concurso convocado a comezos de curso por este periódico. As bases deste concurso recollen que se publicarán os finalistas e finalmente haberá un premio para os gañador@s. Parabéns por estar como finalistas e sobre todo parabéns por este magnífico traballo: "Eu son Rosalía" ven a ser un número extraordinario con motivo do 40 aniversario da inauguración do CEIP Rosalía de Castro. Ademais da participación das familias (os artigos recollen a súa escolarización -o que lle contaron ós seus fillos- neste centro, escolas unitarias ou onde estiveron escolarizados) traballamos como verdadeiros xornalistas, entevistando, buceando na historia do periodismo e nas bibliotecas (mesmo as virtuais). Tamén colaboraron Ana Mon e José Manuel García.

8/4/15

7 de abril: día mundial da saúde


  

O tema do Día Mundial da Saúde 2015 é a inocuidade dos alimentos

Os alimentos insalubres están relacionados coa morte de 2 millóns de persoas ó ano, na súa maioría nen@s. Os alimentos que conteñen bacterias, virus, parásitos ou substancias químicas nocivas causan máis de 200 enfermidades, que van dende a diarrea ata o cancro.


Resultado de imagen para Dia Mundial da saúde

Cinco claves para a inocuidade dos alimentos:
  • Clave 1: Manter a limpeza
  • Clave 2: Separar alimentos crus e cociñados
  • Clave 3: Cociñar os alimentos completamente
  • Clave 4: Manter os alimentos a temperaturas seguras
  • Clave 5: Usar auga e materias primas inocuas
O Día Mundial da Saúde 2015 é unha oportunidade para alertar aos que traballan en diferentes sectores do goberno, aos campesinos, aos fabricantes, aos minoristas, aos profesionales sanitarios e aos consumidores da importancia da inocuidade dos alimentos; e conciencialos do papel que cada un pode desempeñar para que todos teñamos confianza en que os alimentos que nos chegan ó prato son inocuos.

As árbores e a auga

   Celebramos na semana do 23 ó 27 de marzo os días mundiais da árbore e a auga, nunha zona na que temos que traballar moitísimo esta temática. Porque as árbores como todas as plantas e a auga son amigas e complementarias para a existencia da vida na terra. E aprendemos que as plantas son seres "autótrofos", que non necesitan doutros seres para alimentarse... E que a auga é un elemento básico da vida; que os científicos aseguran que a cantidade total de auga existente no planeta non cambia nunca pero corre o risco de contaminarse e ser perigosa para a propia vida.
O alumnado se 6º plantaron 3 acibros no patio. Velaquí algunhas fotos do grupo de 6º C   


Para celebrar os días internacionais da árbore e da auga a Deputación de Ourense achegounos algúns materiais (Guía do profesorado, acibros e o libro/manual a palabra máxica).

27/3/15

Materiais dos encontros Plambe 2014.15

Materiais dos Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2014/2015


Os pasados 12 e 13 de marzo de 2015 celebráronse en Santiago de Compostela os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2014/2015, coa asistencia de 550 profesoras e profesores, responsables das bibliotecas escolares integradas neste programa da consellería. 
En redeBE, o espazo moodle de Bibliotecas Escolares de Galicia, están dispoñibles xa os materiais destes encontros, co fin de que os equipos de bibliotecas e todo o profesorado interesado poida acceder ás presentacións dos relatores e a outras informacións de interese sobre os contidos do programa. En breve subiranse tamén os vídeos gravados nas diferentes sesións.
Entre os materiais dispoñibles, a versión pdf do cómic VIVIR NO SOLO, con guión de Marilar Aleixandre, editado co gallo da celebración do ano 2015 como Ano Internacional dos Solos. Esta publicación, da Delegación Territorial da Sociedade Española da Ciencia do Solo en Galicia, coa colaboración do concello de Santiago de Compostela, foi distribuída nos encontros de forma que puidese chegar, en formato impreso, a todas as bibliotecas do Plan de mellora. 
Nos encontros distribuíuse tamén o libro "Choven palabras no futuro" editado pola Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Cultura) en colaboración con GALIX, co gallo da conmemoración dos 25 anos desta Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil. 
redeBE: materiais Encontros PLAMBE15

2 de abril: Día Internacional do Libro Infantil

Os carteis e os textos que anualmente edita a IBBY (International Board on books for Young People), xunto coa OEPLI e as entidades colaboradoras (en Galicia, GALIX), arredor do mes de abril, permítennos coñecer autores e ilustradores de distintas sensibilidades e procedencias.
 Neste ano 2015, o Día Internacional do Libro Infantil, que se celebra o 2 de abril, en memoria do nacemento de Hans Christian Andersen, lévanos aos países árabes e á palabra e á imaxe creada por dúas mulleres representantes da literatura infantil e xuvenil desa parte do mundo: Moitas culturas, unha historia, é un texto de Marwa Obaid Rashid Al Aqroubi, escritora e difusora dos libros infantís nos Emiratos Árabes Unidos. Traballa pola creación dunha cultura de lectura e por proporcionar libros para nenos e nenas afectadas pola guerra, a inestabilidade política ou os desastres naturais na rexión de Asia Central e Norte de África: "Falamos diferentes linguas e vimos de diferentes orixes, máis compartimos as mesmas historias" 
 A imaxe que ilustra o cartel do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil 2015 é de Nasim Abaeian, ilustradora nacida en Isfahán, cidade iraní moi evocadora no mundo dos contos*. Formada en Italia, Sharjah (un dos emiratos integrados nos EAU) e Estados Unidos, actualmente é profesora no departamento de Arte e Deseño da Universidade de Zayed (EAU) e traballa como ilustradora de libros infantis. 
 * "El criado del rico mercader", conto persa recollido por Bernado Atxaga en Obabakoak 

Outra "Rosalía" no Rosalía

   Este segundo trimestre fixémoslle un oco Cole a unha coella. Andou por algunhas aulas, en espazos comúns, no patio...Deseguida a bautizamos; é Rosalía. Ir incorporando animais domésticos á actividade educativa e mesmo utilizalos como terapia é algo que ven de moi lonxe.Tanto que se remonta á antiga Grecia. Velaquí outra porta aberta á mellora educativa...