Este venres 15 de Maio, San Cidre, patrón dos labregos... No Ceip tamén celebramos o día das Letras Galegas. Abriron o acto un sexteto do Centro: tres gaiteiros e tres pandereiteiras. Despois veu o que ó longo da semana preparamos cada aula do Centro, un pequeno agasallo, para os demais: caracterizar a un escritor galego ó que se lle adicara algunha vez o día das letras galegas (engadimos algún da nosa vila ó que esperamos que pronto se lle adique tamén este día) e ler para os demais un brevíssimo texto da súa obra. Tamén cantamos -tod@s- a mesma cantiga que tiñamos preparada: O meu mundo é. E tod@s lucindo nos nosos peitos #euson Rosalía. Parabéns artistas!!!!
"Cando moit@s soñan o mesmo soño é doado que se convirta en realidade"
ResponderEliminarGran momento!