Mostrando entradas con la etiqueta dias Europeos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta dias Europeos. Mostrar todas las entradas

26/9/23

Día Europeo das Linguas 2023

"Saber outro idioma é como posuír unha segunda alma". Carlomagno

O 26 de setembro é o Día Europeo das Linguas. Con este acto preténdese, en xeral, promover e manter a rica diversidade lingüística e cultural de Europa. Tamén se pretende ampliar a gama de linguas que aprenden as persoas ao longo da súa vida para desenvolver as súas capacidades lingüísticas e potenciar o entendemento intercultural. O Día Europeo das Linguas é unha oportunidade para celebrar todas as linguas de Europa, incluídas as linguas minoritarias e as linguas dos inmigrantes. O Día é unha iniciativa do Consello de Europa que se celebra cada ano desde o Ano Europeo das Linguas 2001.

Máis información en 

https://portaldaspalabras.gal/lexico/allos-con-bugallos/dia-europeo-das-linguas/



26/9/17

Día Europeo das Linguas

 Por iniciativa do Consello de Europa en Estrasburgo, o Día Europeo das Linguas  vense celebrando, desde 2001, tal día coma hoxe, 26 de setiembro de cada ano. O seu principal obxectivo é fomentar a aprendizaxe de idiomas en toda Europa.


Os obxectivos xerais do Día Europeo das Linguas son:

  • Destacar a importancia da aprendizaxe de linguas e diversificar a variedade de idiomas que se aprenden co obxectivo de incrementar o plurilingüismo e a comunicación intercultural.
  • Promover a riqueza da diversidade lingüística e cultural de Europa, que debemos preservar e potenciar.
  • Promover a aprendizaxe permanente de linguas tanto dentro como fóra dos centros educativos.

Diversidade lingüística en Europa

  • En todo o continente europeo existen arredor de 200 linguas nativas.
  • A Unión Europea é a institución do mundo máis plurilingüe ao recoñecer 24 linguas oficiais, ás que cómpre sumar arredor de 60 linguas denominadas rexionais ou minoritarias.
  • Por outra banda, no territorio da Unión fálanse algo máis de 100 linguas procedentes doutros continentes do mundo que usan a diario persoas inmigrantes.