"É hora de que os pais ensinen aos mozos desde o principio que na diversidade hai beleza e hai forza." Maya Angelou. actiivista estadounidense."
Nun contexto onde a superación das desigualdades sociais é xustamente a base en que se fundamenta a articulación da economía social, dende Afundación lanzan este programa co que, a través de diferentes actividades culturais, o alumnado participe do valor da diversidade. Esforzo, empatía, aceptación do diferente, reforzo da autoestima ou o respecto son algunhas das ensinanzas presentes na actividade, impartida por persoas con diversidade funcional, mediante as que podemos mellorar a sensibilidade afectiva e emocional, favorecer unha sociedade equitativa, xusta e diversa e facilitar o establecemento de relacións interpersoais. Esta anovadora proposta pon en valor a diversidade como elemento de enriquecemento social e persoal, fomenta a inserción laboral de persoas con diversidade funcional e promove a súa autoestima e confianza ao exercer un rol activo na sociedade.
Representouse na aula de Psicomotricidade o contacontos A FAMILIA que narra un conto creado pola Fundación IgualArte, con linguaxe de signos que fala das familias diversas: monoparentais, numerosas, con dous pais, dúas nais, etc. levando a cabo as distintas labores do fogar e os as responsabilidades están repartidas igualitariamente e onde participou alumnado do noso centro.
Este tipo de actividades destacan polo seu carácter anovador e motivador. Fomentan valores educativos coma a mellora da convivencia, a cooperación, o aumento da autoestima persoal e grupal, o coñecemento e control do propio corpo e a superación de límites. Todos eles son sinais de identidade propios, sen dúbida, do noso cole.
No hay comentarios:
Publicar un comentario