"O camiño máis breve cara á ciencia é a atención e dilixencia en escoitar."Juan Luis Vives (1492-1540), humanista e filósofo español.
Asistimos á I Jornada Formativa de Intercambio Docente entre o noso centro e o Agrupamento de Escolas António Feijoó de Ponte de Lima.
Estas xornadas de traballo están englobadas dentro do Proxecto do "Abrazo/Abraço ao Rio Limia/Lima", que dende fai máis de dez anos teñen medrado dun xeito expoñencial e que con este tipo de encontros salta a outro nivel de cooperación.
Os Equipos das Bibliotecas Escolares do Agrupamento de Escolas António Feijó dalgunhas das súas escolas (EB1 de Ponte de Lima, EB do Trovela, EB da Feitosa e a Sede Principal do Agrupamento) compartiron co noso profesorado experiencias de formación a todos os niveis (alumnado, profesorado, familias e persoal non docente) abrindo novas posibilidades de levar a cabo esas experiencias no noso cole.
O agarimo, a familiaridade e o trato exquisito foron os sinais constantes por parte dos nosos colegas portugueses ao longo de toda a xornada. Moitas grazas a todas e todos @s profesor@s, responsables, nais/pais, ... (non nomeamos a ningún porque non queremos esquecernos de ninguén!!!) de todos os centros que nos acolleron e trataron tan ben e por compartir con nós esas experiencias tan interesantes que, sen dúbida, tentaremos poñer moitas delas en práctica!
Esperamos estar á altura na vosa próxima visita á nosa escola en xaneiro! Ate já!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario