" A diversidade é que te conviden á festa. A inclusión consiste en que te saquen a bailar." Verna Myers, experta internacionalmente recoñecida en diversidade, equidade, e inclusión.
Conmemoramos o día 3 de decembro o Día Internacional das Persoas con Discapacidade e este ano a ONU fixa como lema "Nada sobre nós sen nós", co que prentende fomentar o liderado das persoas con discapacidade para un futuro máis inclusivo e sostible.
Neste lema condénsanse os principios de participación, representación e inclusión. Este lema pon de relieve, ademais, a importancia de que as persoas con discapacidade sexan protagonistas na toma de decisións sobre as súas vidas.
No noso centro e dentro do ámbito escolar escollimos "Alguén fixo un círculo para deixarme fóra, fagamos un máis grande para incluir a tod@s"
Ao longo destas xornadas todos os cursos fixeron actividades sobre este propósito que é un dos sinais do noso cole: o da inclusión.
Para visibilizar todo este traballo fixemos un gran mural onde están todas as mans do noso alumnado nese gran circulo onde collemos todas e todos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario