12/9/23

Primeiras veces de moitas cousas

«O primeiro paso é o máis importante. É o máis crucial e o máis eficaz, xa que iniciará a dirección que tes elexido».

Steve Backley. Ex-atleta británico especialista en lanzamento de xavelina

Son os primeiros días no cole novo... Cheos de novas experiencias e onde todo é diferente... Nov@s compañeir@s de xogo e de aprendizaxes. Camiñamos con paso firme e adaptándonos pouco a pouco, con moito esforzo e ilusión e algunha que outra lagrimiña… Pero sempre da man das nosas referentes, as nosas mestras que coidan de nós e fan que todo sexa moito máis doado... 

Non cabe dúbida que as mestras de Educación Infantil son doutra pasta!! Gran traballo, compañeiras!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario