14/3/23

Nautilus. 20 000 leguas de viaxe submarino

Hoxe, o alumnado de terceiro de EP tivo a oportunidade de asistir á representación de "Nautilus. 20 000 leguas de viaxe submarino".
Gañadora do premio FETEN 2020 á Mellor Proposta Orixinal pola súa sensibilización ambiental, esta posta en escea é unha versión da clásica novela de aventuras de Jules Verne, na que o capitán Nemo se erixe como unha enigmática figura que capitanea un medio de transporte que sorprende o profesor Aronnax e a Conseil, os dous pasaxeiros inesperados. Esta nova proposta da Compañía La Negra presenta unha lectura actual, comprometida e preocupada pola conservación dos océanos e do noso planeta.
Esta actividade entronca perfectamente co PDI do centro para este curso 2022 - 2023 onde traballamos todo o relacionado co mundo da auga e co obxectivo 14 dos ODS que é "conservar e utilizar de xeito máis sostible os océanos, os mares e os recursos mariños".
Completaron a súa xornada de mañá facendo unha viaxe no "Tren Turístico" de Ourense que lles levou a facer un percorrido por toda a cidade dende a Praza Maior ata as Termas de Outariz.
Sen dúbida, unha mañá moi ben aproveitada e chea de aprendizaxes ben diferentes aos do día á día no cole!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario