O colectivo "Teachers For Future Spain" (mestras e mestres preocupados pola crise climática que queremos cambiar as cousas) súmase á mobilización polo clima prevista do 20 ó 27 de setembro, cunha proposta de accións concertadas cos colectivos "Madres por el Clima" e "Families For Future BCN". @voznatura
Cinco portavoces de Fridays For Future de distintos puntos da Galiza apresentaron en rolda de prensa o calendario de movilizacións da folga global polo clima, convocada para o 27 de setembro. Este movemento de xente nova preocupada polo clima —iniciado por Greta Thunberg na Suecia— e que conta con implantación en distintas comarcas do País, recentemente decidiu sumarse á construcción dunha plataforma con outras organizacións e colectivos que “levan décadas traballando polo mesmo e cuxa presenza é necesaria”, comenta unha das portavoces. Desta ampliación xurdiu a plataforma Movemento Galego polo Clima que se apresentou o 18 de setembro na compostelana libraría Couceiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario