O DOG do 24 de setembro publica a Orde de 10 de setembro de 2019 pola que se resolve a convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios, de titularidade desta consellería, para o curso 2019/20.
O documento conta de catro anexos, segundo os diversos apartados contemplados na convocatoria inicial:
- Anexo I: Centros integrados no PLAMBE en convocatorias de 2005 a 2010, e de convocatorias de 2014 a 2017, que reciben asignacións para ampliar e renovar os fondos da colección.
- Anexo II: Centros integrados no PLAMBE nas convocatorias de 2011 a 2013, que reciben, igualmente, asignacións para renovar os fondos. Neste caso tamén reciben asignación para renovar e ampliar mobiliario e equipamento imprescindible para o funcionamento da biblioteca como centro creativo de aprendizaxes.
- Anexo III:Centros integrados no PLAMBE na convocatoria 2018, que reciben asignación para fondos, mobiliario/equipamento e gastos de funcionamento da biblioteca escolar.
- Anexo IV: Centros públicos que se incorporan ao Plan de mellora de bibliotecas nesta última convocatoria de 2019 e que igualmente reciben asignación para fondos, mobiliario/equipamento e gastos de funcionamento da biblioteca escolar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario