24/9/18

TI, TAMÉN CONTAS. Participa, estás convidad@.


NOTA INFORMATIVA entregada pol@s titor@s ás familias

Dentro do proxecto de animación á lectura, gustaríanos contar coa colaboración das familias, de toda a comunidade educativa; por iso propoñémosche, un ano máis, participar na seguinte actividade: Ti, tamén contas.

Consiste en que o adulto que o desexe (pai, nai, avó, avoa, madriñas, padriños, tí@s, vecindade…) veña á biblioteca durante o horario escolar para lerlle ou contarlle un conto a un grupo de nenos e nenas.

Os/as interesados/as deben enviar ó titor/a  a nota adxunta cuberta e xa nos poñemos en contacto. Moitas grazas. Atentamente
O equipo Dinamizador da Biblioteca. Curso 2018/19


D/Dna……………………………………………………………………………………………………gustaríame participar como contacontos  na actividade:  “Ti tamén contas”.
Día ou días da semana que prefire ……………………………………………………………... Hora na que podería vir ……………………………………................  Para o alumnado de ……………………………………………………….…………………………………………..........
Teléfono (s) de contacto  ………………………………………………………......................................

No hay comentarios:

Publicar un comentario