12/9/18

Biblioteca, "espazo creativo". Moito por andar

Biblioteca, entorno creativo. Biblioteca obradoiro:
- Espazos para crear, investigar, construír…
- Lugares para desenvolver proxectos, en especial transmedia
- Lugares onde o alumnado e o profesorado traballan xuntos e investigan creativamente
- Construír robots
- Crear música dixital
- Montar películas
- Imprimir en 3D
- ...

Que fai unha impresora 3D nunha biblioteca!!??

En palabras de Sue Considine, directora da Fayetteville Free Library, a primeira biblioteca que ofreceu impresoras 3D, a énfase non está na tecnoloxía, está na comunidade de persoas que comparten e crean en común:
 “Trátase de proporcionar acceso ao proceso de crear; é a idea de avanzar cara a unha cultura de lectura /escritura, na que a xente crea cultura en lugar de só consumila” (Gutsche, 2012)

A biblioteca escolar é un “entorno” físico e dixital de aprendizaxe na escola onde a lectura, o interese, a investigación, o pensamento, a imaxinación e a creatividade son centrais para a viaxe cara á información e o coñecemento dos estudantes, tamén cara ao seu crecemento persoal, social e cultural. Directrices IFLA para a Biblioteca Escolar (2015)
International Federation of Library Associations. IFLA School Library Guidelines. 2015

No hay comentarios:

Publicar un comentario