3/5/18

Na percura do tesouro, no Gadis (Alimentes) e na Comisaría ... En Ourense.


O alumnado de 3º e 4º de primaria, xunto con outros centros, asistimos no Auditorio en Ourense ó teatro. A obra, "Na percura do tesouro, de Gaiteiros da Xistra", está dentro da programación de Actividades para escolares 2017/2018 de Afundación. Música tradicional en galego dirixida a escolares de 3º e 4º de primaria. 
Moura, a gardiá da cova, axudará a Xurxo a se liberar das mentiras e os enganos da malvada Serpe e daralle as pistas para descifrar os enigmas e así superar as probas para atopar o tesouro, A LINGUA. Coñecemos ós inventores de cantigas, escoitamos unha historia, escoitamos as pedras, descubriremos os sentimentos que agochan as mámoas… 
Música en directo, lendas, romances, zanfonas, alalás, cantigas, refráns e seres mitolóxicos conformaron a senda que nos levou a descubrir o auténtico tesouro colectivo; un tesouro que só ten valía se o compartimos e o respectamos. 
Despois os de terceiro fomos ata o Gadis do Centro Comercial e alí nos esperaba Rocío que dentro do programa Alimentes (que xa tiñamos traballado con materiais que nos enviaron) nos axudou a concienciarnos da importancia dunha alimentación sana. Os de cuarto estiveron na Comisaría da Policía e tamén gozaron de vela por dentro, coñecer as súas entrañas e ata subiron ó helipuerto...
Moitísimas grazas a tod@s as persoas que nos aprenderon tantas cousas neste día fóra das aulas. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario