28/5/18

E... naceron os poliños na incubadora do Ceip





Hoxe, luns 28 de maio, foi outro día espectacular no centro. Aínda que tiñamos anotado que mañá lle tocaba nacer, algúns poliños xa o fixeron hoxe. Cando chegamos, un pouquiño antes das 9 xa andaba un paseando polo chan da incubadora. Ó longo da mañá fomos, ós pouquiños, mirar e poidemos ver o nacemento doutros dous. E pola tarde xa había outro...
Esta primeira docena de ovos de galiña ten a particularidade de que son mesturas de varios tipos: araucana (que as diferenciamos por ter unha tonalidade azul claro na casca), de Mos, Piñeira, Kikas, etc. Procedentes todos de Lodoselo (CDR O Viso).
Tamén temos na incubadora ovos de Pava (1), Galiña de Guinea (3) e Oca (3) de Baronzás que nos deu Angel Isaac; outros que trouxeron algúns alumn@s como Noa F., Xoel M. e Noa Castro (de Rairiz de Veiga, Vilar de Barrio, Cualedro) e algunhas profesoras María (E. Inf.) e Tina. 
A maioría son de galiñas e o período de incubación é duns 21 días pero no caso da gallineta (Galiñas de Guinea) é de 27 días; para a pava 28-30 e para o oca 28-32. Así que teremos que esperar máis e a ver se todo vai ben. Moitas grazas a todas as persoas que fan que isto sexa posible e especialmente a Kisko que xa mediou para conseguirmos a incubadora, transportala... e segue pendente e axudándonos.   


No hay comentarios:

Publicar un comentario