19/9/17

Supervisión ambiental. Programa Voz Natura

   
  O proxecto de educación ambiental "Custodiando o territorio e á procura dos referentes patrimoniais limiás" que presentamos ó programa Voz Natura para o curso académico 2017/18 foi tamén seleccionado. Tras a avaliación do Comité científico a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre otorgounos un financiamento de 522 euros.
   Unha das accións deste proxecto é a realización dos equipo de supervisión ambiental, pero tamén o coidado da horta, prantas, animais e árbores (recollida de folla, compostaxe, vermicultura...), o emprego do patio e contorna como lugares de aprendizaxe, a implicación de tod@s no plan de mellora de eficiencia enerxética que temos no Ceip, a separación do lixo ( reutilización e reciclaxe), a posta en marcha da estación meteorolóxica, a participación nos traballos que fai a Sociedade Galega de Historia Natural na nosa comarca (Operación conícora e Custodia do territorio) e o seguir inventariando os recursos patrimoniais materiais e inmateriais da nosa contorna...
 
EQUIPOS DE “SUPERVISIÓN AMBIENTAL” NO CEIP ROSALÍA DE CASTRO

·  Están constituídas polo alumnado de primaria do Centro. Son grupos dunhas 4 persoas, aproximadamante, que irán rotando.

·  Pretenden manter un “bo clima” entre o alumnado, fomentar e educar no coidado do entorno.

·  Os luns, mércores e venres -no primeiro recreo- levarán un distintivo (chaleco verde), un recolledor e unha escoba e coidarán que toda a comunidade educativa que transite polo centro teña un bo comportamento cívico (convivencia pacífica: somos conscientes dos nosos dereitos e deberes). Non se dedican a recoller o que outros tiran: facemos unha labor de concienciación, de conservación e mellora do entorno. Coidan que o noso espazo, si, estea limpo e se alguén tira lixo ó chan, amablemente indícaselle que ese comportamento non é axeitado, que o recolla e onde debe gardalo (se lle caeu, sen darse conta) ou tiralo (papeleiras, contedores diferentes...). Se o alumn@ non lle fai caso ós membros da patrulla, inmediatamente avísase ó profesorado que está de garda nese espazo do patio. Antes de volver deixar os recolledores en recepción deben baleirarse nos contedores que temos no patio do centro (porta principal automática).

·  Os martes e xoves coidamos as plantas, árbores e a nosa horta no cole. Regar, recoller folla para os composteiros, plantar…

·  Todos os titor@s debemos estar atentos á semana que nos toca facelo. E pedir e/ou pasarlle o “cartel recordatorio” á aula seguinte. Moitas grazas







CALENDARIO CURSO 2017/18 _____________________________________________

 6º C  25 a 29  de setembro -  22 a 26 de xaneiro  -    14 a 18 de maio 
  6º B   2 a 6 de outubro-  29 xaneiro a 2 de febreiro - 21 a 25 de maio

6º A    9 a 13 de outubro - 5 a 9 de febreiro- 28 de maio a 1 de xuño

5º B   16 a 20 de outubro -   19 a 23 de febreiro   -  4 a 8 de xuño

5º A    23 a 27 de outubro-   26 febreiro a 2 de marzo- 11 a 15 de xuño
4º B    30 outubro  a 3 de novembro-   5 a 9 de marzo– 18 a 20 de xuño

4º A    6 a 10 de novembro   -  12 a 16 de marzo

3º B    13 a 17 de novembro   - 19 a 23 de marzo
3º A     20 a 24 de novembro   -  3 a 6 de abril

2º C    27 Novembro a  1 de decembro -   9 a 13 de abril
2º B    11  a 15 de decembro   -   16 a 20 de abril

2º A    18 a 21 de decembro    -  23 a 27 de abril

1º B     8 a 12 de xaneiro    - 30 abril a 4 de maio

1º A     15 a 19 de xaneiro    -  7 a 11 de maio 


1 comentario: