24/11/16

Andaina e Magosto polo río Faramontaos

   O xoves pasado, 17 de novembro, fixemos o magosto no Ceip. O alumnado de infantil, 1º , 2º e 3º de primaria celebráronno no patio do centro. O alumnado de 4º, 5º, e 6º de primaria fomos en autobús ata o pobo de Faramontaos. Alí fixemos unha xeitosa andaina (temos un folleto explicativo) toda a beira do río ata a presa de Gudín. Aínda que tivemos moita sorte co bo tempo que nos fixo, o espectáculo non é que fora tan amable como outras veces; porque aínda que xa estaba todo o chan verde poidemos ver os "cadáveres" das árbores... pasto do lume. Tampouco poidemos escoitar a auga do río porque co pouco que choveu ata ese día, non podía levar moita. Con todo, fomos vendo os restos dos muíños e aprendendo a distinguir algunhas árbores, tratando de descubrir algunhas pegadas, animais... 
   Finalmente, á volta, na área recreativa onde xantamos, coa bonita ponte medieval (con pouquísima auga) case non puidemos probar as castañas porque os que contabamos que nolas asaran non o fixeron; así que aínda que nos puxemos a asalas... non tivemos tempo máis que para queimalas algo por fóra. De seguida houbo que volver coller o autobús para regresar.   





No hay comentarios:

Publicar un comentario