31/1/14

Celebramos o día escolar da paz e a non violencia

    Ademais do traballo feito en cada aula nestes días, con motivo da conmemoración do día escolar da paz e a non violencia, o día 30 fixemos no patio un acto todo o alumnado e profesorado do Centro. A partires dunha actividade para conformar grupos onde estiveramos mesturados (grupos con alumnado de todos os cursos), fixemos un xogo de descuberta (cada grupo tiña que ir á procura dun "tesouro" agochado en calquera recinto do recinto escolar).
   Despois no ximnasio escoitamos un recitado de poesías -que nos prepararan o alumnado de 6º de primaria- e tod@s cantamos a canción que tiñamos preparada: SEGUIREMOS. 
  

2 comentarios:

  1. Que ben o pasamos! Encantoume a canción deste ano. Agora a seguir promovendo os valores deste día ao lobgo de todo o ano!

    ResponderEliminar
  2. Moi boas fotos,moi boa canción....moi bo día!!

    ResponderEliminar