28/1/14

2 de febreiro: Día mundial dos humidais


     
Día dos humidais (2) (3)






































logoO 2 de febreiro de 1971 asinábase na localidade iraní de Ramsar a Convención que leva o seu nome " un tratado intergubernamental que serve de marco para a acción nacional e a cooperación internacional en pro da conservación e uso racional dos humidais e os seus recursos" nos 160 países que o asinaron ata a actualidade.   
Dende 1967 cada 2 de febreiro a Convención conmemora o día dos humidais.
   Podes seguir lendo no enlace da sociedade galega de Historia Natural.

S.G.H.N. - Sección de Antela


Fotografía: Panorámica do asolagamento de Antela o 09-12-2000, unhas 20-24 horas despois da "crista da enchente" ou máximo asolagamento, tomada dende a torre de A Pena. Na imaxe, a lámina de auga principal en primeiro plano ten unhas 750-800 ha de superficie (cunhas dimensións máximas de 4,6 km de lonxitude x 2,1 km de largura) e está situada na marxe esquerda da canle principal de drenaxe. Hai ademáis un rosario de asolagamentos periféricos, o maior dos cales, na marxe dereita da canle principal de drenaxe (no centro da imaxen ó fondo), ten unhas 150-160 ha de superficie. Enchentes máis ou menos semellantes prodúcense cada vez que se encadean varias borrascas fortes e sucesivas do S-SO.



No hay comentarios:

Publicar un comentario