O pasado día 8 celebráronse en Santiago os encontros do PLAMBE e alí estivemos. Inaugurounos o Conselleiro de Educación e a primeira exposición : "Avaliar para avanzar. Prácticas de autoevaluación na biblioteca escolar" estivo a cargo de Mónica Baró e Teresa Mañá. Despois dun café, houbo unha presentación simultánea de experiencias realizadas nalgunhas bibliotecas pertencentes ao PLAMBE: "Literatura en imaxes. Cine e Banda Deseñada". Pero o mellor esperábanos ao final, un peche moi emotivo a cargo de Xosé Neira Vilas. Foi un placer escoitar a " o único clásico que aínda queda vivo" como dixo Pilar Sampedro na súa presentación. Falounos das súas lembranzas en torno aos libros e as bibliotecas, do seu empeño para que o libro galego estivese presente en moitos lugares do mundo... Se queredes ver os materiais das exposicións premede AQUÍ entrade como convidados. E tamén fotos que nos chegan grazas ao SEGREL DO PENEDO
No hay comentarios:
Publicar un comentario