17/5/09

Papacontos na Biblioteca

Recuperamos agora esta representación teatral feita e posta en escea por alumnos e mestres do noso cole, dentro dos actos que levamos a cabo no curso 2006/07 para a inauguración do novo espacio que destinamos á nosa biblioteca. Un proxecto que se ten afianzado e medrado dun xeito que quizáis entón non podiamos imaxinar. Moitas grazas a todos os que estes anos teñen colaborado con nós, e un recordo moi especial para Cristina, Ana Belén e Mª José. Témosvos sempre presentes.

1 comentario:

  1. Ola!

    Dende logo que sabedes emocionar á xente. Que recordos!

    Estar convosco aquel ano, ter o luxo de coñecervos e de participar do voso proxecto e dos vosos soños, é algo que, eu que fun ben educadiña, sempre agradecerei.
    Sabedes que seguides contando comigo. Sempre.

    Bicasos e varias apertas de oso.

    Ana.

    PD/Ana, prende a vela a San Antonio por min, fai o favore... ;-)

    ResponderEliminar