Co gallo da conmemoración do Día das Bibliotecas Escolares un grupo de alumnas e alumnos de quinto de Primaria dirixidos pola súa titora María José Peaguda escribiu, ensaiou e puxo en escea esta magnífica peza teatral "Non me gustan os libros".
Foi tal o éxito da representación que aínda que estaban programadas unhas poucas sesións durante o mes de outubro, estas bravas actrices e actores tiveron que repetir esta obra para todos os cursos do cole, chegando ata o mes de decembro coas súas representacións.
Sexa este unha pequena homenaxe para todo ese grupo de alumnado e, en especial, para a súa directora María, que a partir deste mes de decembro pasa a gozar dunha máis que merecida xubilación despois de tanto e tan bo traballo con todos os seus grupos de alumnas e alumnos... Vai por ti, María, esta derradeira posta en escea!!
O alumnado de primeiro de Ed. Primaria levou a cabo unha actividade centrada en coñcecer un pouco mellor o barrio do Polígono onde está o noso centro escolar. Mediante pistas e as súas lupas de espías tiñan que atopar os distintos edificios singulares que hai ao noso redor e facer un pequeno traballo de investigación sobre eles. Sen dúbida, unha mañá moi aproveitada e chea de aprendizaxes diferentes!!
Retomamos as xornadas de Deporte Escolar, desta volta coa competición de natación. Houbo tempo para a toma de tempos clasificatorios para o campionato zonal e tamén para un bo rato de diversión na auga.
Moitas grazas á Concellería de Deportes do Concello de Xinzo de Limia e en especial ao persoal da Piscina Climatizada por todas as facilidades que nos deron para organizar esta xornada e polo exquisito trato recibido. Volvemos en xaneiro con máis deporte!!
O Día Internacional das Persoas con Discapacidade foi declarado en 1992 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas mediante a resolución 47/3. O obxectivo é promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidades en todos os ámbitos da sociedade e o desenvolvemento, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural.
A inclusión de todo o noso alumnado é un dos sinais máis relevantes dentro do Proxecto Educativo de Centro e levamos a cabo moitas actividades ao longo de todo o curso que así o proban. Neste 3 de decembro tivemos a grande sorte de contar entre nós con Lorena Quintas que explicou o seu proxecto Xogo de fíos ao noso alumnado de quinto de Primaria. Quedaron marabillados do seu traballo e de como todo é mundo é quen de desenvolver as súas facetas persoais e profesionais se así o propón.
Por outra banda, o alumnado de sexto de Primaria realizou unha actividade de integración á inversa c@s seus compañeir@s da aula específica na que están incluíd@s. Unha experiencia que para el@s non é nova pero que si foi diferente ao facelo "ao xeito inverso".
Neste vídeo podedes comprobar canto aproveitaron esta xornada e como seguimos tentando facer da inclusión un dos nosos sinais de identidade como centro educativo!
Para pechar as actividades que levamos a cabo para conmemorar o #25N, o noso alumnado de sexto de Ed. Primaria visitou o Parque da Igualdade en Cachamuíña, organizado pola área de Igualdade da Deputación Provincial de Ourense, onde se brinda unha fermosísima homenaxe ás máis de 1.100 mulleres asasinadas desde 2003 en España e cuxos nomes figuran ao pé da escultura “O abrazo”, de Manuel Buciños.
Contamos coa presenza de Luz Doporto Real, Licenciada en Psicoloxía, Especialista en Educación Emocional e con amplos estudos e coñecementos sobre violencia de xénero e malos tratos. Da súa man, coñecimos as orixes de cando e por que a ONU escolleu o 25N para conmemorar esta data, de cal é a razón para ter o a cor violeta como símbolo da loita en feminino, como recoñecer as condutas diarias que nos poden alertar para descubrir micromachismos e as súas terribles consecuencias e un montón de máis datos e situacións que o noso alumnado agora é quen de coñecer e facerlle fronte sen medo algún.
Repetiu Luz varias veces ao longo desta xornada que ela creía que está xeración que estamos a formar hoxe en día será a primeira que estará libre desta terrible lacra que é a violencia contra as mulleres. Con actividades tan divulgativas e interesantes como esta, estamos convencidos que ASÍ SERÁ !!
Dende o equipo de Biblioteca queremos aportar a nosa "pinga" para concienciarnos da necesidade de loitar por un mundo de igualdade no que NON TEÑAMOS QUE FALAR DE VIOLENCIA DE NINGÚN TIPO" A nosa proposta para traballar na semana que remata no venres 25 N e a seguinte que podedes visualizar no enlace a CANVA:
Celebramos un ano máis o tradicional magosto no noso cole. Organizamos unha mañá de xogos populares (o pano, leva a xastaña, a pita cega, ... ) para o alumnado de Educación Infantil e os tres primeiros cursos de Educación Primaria.
@s "maiores" do cole fixeron unha andaina dende o pobo de Farmontaos ata a presa. Un fermoso paseo que, sen dúbida, abriulles o apetito!
Logo, chegou para tod@s o tempo de castañas e bolos preñados para rematar esta festa tan especial dentro do noso calendario escolar.
Agradecer ao Concello de Xinzo de Limia e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil á súa grande colaboración para poder festexar esta data.
No pasado mes de outubro o noso alumnado de sexto de Ed. Primaria visitou a exposición "La Palma. Volcán e Vida" dentro do programa de actividades para escolares de Afundación.
"Un total de 45 imaxes do fotógrafo palmeiro Abián San Gil, xunto con textos da poeta palmeira Elsa López, o chef José Andrés, o xornalista de viaxes Ander Izaguirre e o escritor de natureza Gabi Martínez conforman esta espectacular exposición sobre o fenómeno natural e as súas repercusións na comunidade palmeira. A psicóloga Belén Colomina tamén participa cun relato no que narra os conceptos fundamentais que conducen ao ser humano á superación do drama, á procura de novos escenarios de vida, e á importancia de realizar esta aprendizaxe en comunidade e da man da natureza."
Está exposición complementase cun obradoiro que engloba actividades de programación e de de realidade virtual, que foron moi ben recibidas por todo o noso alumnado.
Para rematar, fixeron unha visita ao centro de Ourense, poidendo observar e aprender un pouquiño sobre o arte urbán tan presente nas rúas da cidade das Burgas.
Esta semana temos varias novas dende o equipo de Biblioteca. Unha delas ten que ver con Samaín. Segue o enlace á presentación para informarte e participar, esperámoste e seguiremos informando neste días sobre estas e outras novidades.
A continuación podemos ver os bos e terroríficos momentos que pasamos na biblioteca esta semana resolvendo o scape room, Foi un excelente traballo en equipo para poder resolver os enigmas que nos permitían abrir os candados para sair da biblioteca e poder voltar ás nosas casas.
Voltamos á normalidade! Despois destes dous anos de ausencia, volvemos unha vez máis a Ponte de Lima cun dobre propósito: visitar a IV Feira de Educação, Ciência e Tecnologia e participar no XI Abraço ao Rio Lima, desta vez coa estupenda compañía d@s nos@s compañeir@s do CEIP Plurinlingüe das Vendas da Barreira, do CEIP Carlos Casares de Xinzo de Limia e cos máis de doce centros educativos de Ponte de Lima.
Foron dous días cheos de actividades e dunha marabillosa convivencia entre o alumnado dos dous centros. Fixemos un montón de actividades: visitamos o Museu dos Terceiros, coñecimos a sé do Agrupamento de Escolas António Feijó (da man do noso bo amigo João Carlos Gonçalves e na compaña do seu director, José António Fernandes da Silva) "brincamos" nas instalacións do CE As Lagoas, vivimos a experiencia da realidade virtual, lanzámonos en tirolina, experimentamos coa robótica e a química, coñecimos con Sam a Quinta Pedagógica de Pentieiros e moitísimas cousas máis durante dous días enteiros cheos de actividade!
Agradecer especialmente ao Concello de Xinzo de Limia e á Câmara Municipal de Ponte de Lima por poñer todas as facilidades posibles para que estas dúas actividades se poideran levar a cabo, especialmente ao persoal da Área Protegida das Lagoas de Bertiandos e S. Pedro d'Arcos (Vera, Irene, Sandra, Lourenço, ...) polo exquisito trato recibido por parte del@s nestas xornadas tan intensas... e á nosa alcadesa, Elvira Lama, por acompañarnos ao longo de todo o día do Abraço.
Destacar tamén ao profesorado que acompañou ao alumnado durante máis de 48 horas e que sempre estivo ao tanto del@s para que poideran aproveitar cada minuto deste experiencia inesquecible para tod@s el@s. Grazas... Alfredo, Ana, Jose e Mari polo voso esforzo e dedicación!
Xa temos gana de que chegue a primavera e recibir como se merecen a todas estas novas amizades na nosa vila de Xinzo de Limia como se merecen. Ate já !!!
Englobado dentro do PDI do centro, xa empezan varias aulas a traballar sobre o tema común que é a AUGA.
Desta volta foi o alumnado de segundo de primaria C o que fixo varias experiencias co líquido elemento como obxecto de investigación. Traballaron, entre outras cousas, o tema do Universo e das combinacións de cores.
Quedan aquí as mostras do gran traballo que fixeron!
O pasado venres contamos coa presenza no noso centro con María e Ceci, logopedas da asociación de Síndrome de Down, que impartiron unha charla taller co alumnado de 6°B para dar a coñecer diferentes formas de comunicarnos. Entre elas presentáronlle algúns dos signos que emprega a súacompañeiraTati. Así da gusto facernos entender!!!
Bautismo de mar (nesta ocasión de río...) para unha gran maioría do noso alumnado de terceiro de Educación Primaria!
Dentro do noso itinerario de actividades extraescolares para todo o centro introducimos este ano a visita á Ribeira Sacra, cunha chea de actividades lúdico educativas que foron moi entretidas para as nosas nenas e nenos.
Unha andaina, a visita a Luintra e aos Peares, o taller de alfarería e, como non, a viaxe en catamarán remontando o río Sil.
Unha experiencia sen dúbida inesquecible para este grupo de rapazas e rapaces tan aguerrid@s!
Día de graduación para o noso alumnado de sexto de Educación Primaria.
O salón de actos da Casa de Cultura cheo a rebentar.... Moitas emocións, algunhas bágoas e sensacións agridoces... Medrar, madurar .... é lei de vida....
So nos queda compartir con vos unha das nosas citas favoritas…. “ad astra
per aspera” ("hasta las estrellas mediante el sacrificio") que é unha
variante da frase “non est ad astra mollis e terris via” ("no hay un
camino fácil desde la tierra a las estrellas") que Séneca O Novo, filósofo grego nado na
actual Córdoba, escribiu fai máis de 20 séculos.
Cando falamos de sacrificio, queremos dicir esforzo. Debedes
esforzarvos, loitar polo que queredes, porque ese é o único camiño cara os
éxitos que estamos seguro que vos esperan nas vosas vidas. Aí estarán persoas
moi importantes acompañándovos moi de preto nese reto de superación persoal: as
vosas nais e os vosos pais, por suposto… os primeiros da fila, as vosas
familias, os vosos profesores e profesoras que vos ensinarán un feixe de cousas
novas nesta etapa que agora ides comezar,
e estas amigas e amigos cos que levades rindo e chorando toda unha vida
xuntos…
Pero tamén nos gustaría que non vos esquecerades das vosas
mestras e si, dicimos mestras en feminino, porque tedes tido a grande fortuna
de poder contar con grandes mulleres que vos teñen moldeado (e a algún e a
algunha de vós con moito esforzo!!) e
que sempre serán referentes por todas “esas primerias veces de case todo” que
vivistes xuntos. Non imos a citar a ningunha delas en particular, porque todas
elas (e eles tamén) son excelentes profesionais e moitísimo mellor persoas. Non
as esquezades… e tende por seguro que se algunha vez precisades delas…. Elas
alí estarán para o que necesitedes.
Grazas compañeiras por ser como sodes, …
temos a grande fortuna de poder compartir este “oficio” tan fermoso que
exercemos: formar boas persoas como estas sesenta e dúas bravos e bravas
rosalianas ás que hoxe simplemente lles dicimos un Ata Logo!!!
E chegou o día... Despedida do mandilón, d@s compañeir@s que durante tres anos compartiron vivenzas e aprendizaxes, das rutinas, das asambleas, ...
Xa somos case nenos e nenas de Educación Primaria e agora só nos queda dar as grazas a todas as mestras e mestres que durante estes anos coidaron de nós e nos axudaron a evolucionar en ser cada vez máis un poquichiño "nós". Temos que descatar, lóoxicamente á profe Diana e á profe Sonia, as nosas "nais" na escola..... Son mestras que estarán para sempre nos nosos recordos de nenez...
E pouco máis, dia de graduación.... bágoas e sorrisos por doquier, á espera deses cambios que están por chegar e que fan da espera momentos para non esquecer estes tres marabillosos anos que pasamos nesta etapa de Educación Infantil !!!
Tras dous anos de ausencia, chegou o momento de volver a facer a gran viaxe de fin de curso do centro... ASTURIAS!! E desta volta non o puidemos facer en mellor compaña. Cas nosas compañeiras e compañeiros do CEIP das Vendas da Barreira compartirmos estes catro días de actividades, diversión e aprendizaxe. A experiencia foi marabillosa para todoo grupo e fixemos fortes lazos de amizade que seguro que co paso do tempo non farán máis que afianzrse. Aquí vos deixamos unha escolma de todo o que alí vivimos e gozamos. Non vos podedes perder a segunda parte deste vídeo no seguinte enlace:
Quenda do alumnado de cuarto de Educación Promaria, que visitaron o Parque Natural as Illas Cíes.
As Illas son un paraíso natural na ría de Vigo que forman un impresionante
Parque Natural Mariño Terrestre. Este arquipélago fórmano tres illas: Norte ou
Monteagudo, do Medio ou do Faro e Sur ou San Martiño. As dúas primeiras están
unidas por medio do areal da Praia de Rodas e un crebaondas. As Illas Cíes foron declaradas
Parque Natural en 1980 e incluídas no Parque Natural das Illas Atlánticas de
Galicia creado no ano 2002.
O noso alumnado gozou dunha xornada en contacto coa natureza e de convivencia coas súas compañeiros e compañeiras, facendo algúns delas e deles a súa primeira travesía en barco!!