Mostrando entradas con la etiqueta abellas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta abellas. Mostrar todas las entradas

8/6/23

Tras probar o mel, nada sabe ben!

"Os libros son as abellas que levan o pole dunha intelixencia a outra.“

James Russell Lowell poeta, crítico, editor e diplomático estadounidense.

Apípolis sitúase nunha leira de 10.000 m2- É un centro para a comprensión das relacións existentes entre os seres humanos e as abellas, que se encadra dentro dos Equipamentos para a Educación Ambiental. Pretende facilitar o achegamento a determinados procesos naturais, posibilitando que os visitantes poidan vincular as súas vivencias cotiás a eles, así como ás problemáticas que lles afectan.

O seu obxectivo principal é mostrar, mediante as relacións entre as abellas e os seres humanos, a importancia que estas teñen para nós e para o medio no que nos desenvolvemos. Para conseguilo deseñan unha exposición chea de elementos atractivos, ata 34 diferentes actividades encamiñadas a reforzar as mensaxes que se transmiten, ademais de programas de autoavaliación, multicarteles, abellas en colmeas que permiten a súa detallada observación, maquetas, reprodución de escenas a tamaño real, vídeos, un completo apiario, un xardín melífero, zonas de esparexemento…

Un día moi productivo para o noso alumnado de segundo de EP, onde coñeceron moito mellor todo o que rodea o fascinante mundo  destas esforzadas traballadoras e grandes protagonistas do mantemento dun ecosistema equilibrado!

10/3/23

Quen non probou o mel, non sabe o que é ben!!

... E o noso alumnado de primeiro e segundo de EP tiveron hoxe a oportunidade de probar o rico néctar feito polas artesás das flores!!

Da man do  Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia, a través do seu programa "O doce mundo do mel de Galicia", os nos@s nen@s foron quen de coñecer todos os secretos que rodean o fascinante mundo da producción e recolección deste rico e saudable nutriente. E para rematar puideron levar ás súas casas un tarriño de riquísimo mel feito en Galicia... Que máis se pode pedir!!









Fotografías de Sonia Yañez




28/2/23

“Se morre a abella raíña, ao ser humano quédanlle 4 horas de vida.” (A. Einstein)

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP tivemos a sorte de poder achegarnos, a través de Nico, a un mundo interesantísimo relacionado coa vida das abellas na colmea e fóra dela.

Comprendemos a importancia das abellas como un insecto doméstico que en explotacións axuda  a que as persoas se beneficien de produtos coma o pole, o mel e a cera, entre outros.

Mediante unha “colmea de observación” vimos en vivo e en directo como as abellas coidaban da raíña, como estaban situados nas celas os ovos e larvas da raíña e como estaban parceladas as celas na colmea de modo que a xelea real e o mel ocupaban o seu lugar.

Puidemos facer o centrifugado do mel e  probar unha “degustación” de pole e mel , dous produtos moi apreciados polas súas calidades excepcionais para unha alimentación sa e saudable.

Os grupos d@s máis maiores tamén foron quen de elaborar un fermosa candea coa cera que tamén obtemos dos panais.

En resumo, mediante unha exposición na que comezou Nico cunha representación teatral divertida e amena achegounos ao mundo da apicultura, dos abelleiros e dos meleiros. Concienciounos da importancia que teñen as abellas na polinización das especies vexetais, ata o 95% dependen delas. Ensinounos a apreciar e a coidarnos con produtos naturais creados por estes marabillosos insectos e ata fixemos unha candea coa cera producida na colmea. Todo un “proceso natural” sorprendente!