23/10/25

Día das Bibliotecas

 «O que é máis importante nunha biblioteca que calquera outra cousa, é o feito de que existe», Archibald MacLeish,  poeta modernista y escritor estadounidense

Este ano, o Día das Bibliotecas, 24 de outubro, dedícase a un tema de máxima actualidade: a loita contra a desinformación. Con este motivo, La Voz de Galicia comparte un contido informativo de interese para os centros educativos, co obxectivo de concienciar ao alumnado sobre a importancia de acceder a fontes fiables, contrastar información e desenvolver o pensamento crítico.

O xornalista César Rodríguez ofrecerá un relatorio sobre a IA (desInformAción) na biblioteca do IES Urbano Lugrís, de Malpica, na que se abordarán cuestións como que é a desinformación, en que contexto se produce, a IA e a sabedoría das multitudes: algo é certo se se repite moito, imaxes e vídeos: autopistas para a desinformación e facilitará pautas para combater a desinformación clásica e a nova.

A charla, pensada para alumnado de educación secundaria emitirase en directo por diferentes canles de La Voz de Galicia e o seu programa educativo (Prensa-Escuela). Os centros que o desexen poderán conectarse en directo coa emisión e seguir o relatorio, así coma enviar preguntas pola canle de YouTube: https://youtube.com/@lavozdegalicia?si=E3pZQS9-cN8lJLv4

Esta actividade, que terá lugar o venres 24 de outubro ás 10 horas, quedará dispoñible en diferentes plataformas para que aquelas persoas interesadas poidan acceder ao contido en diferido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario