30/5/25

Saída á granxa

Dentro do proxecto Quen vive na Limia? centrado nos animais que viven na nosa contorna, o alumnado de catro anos aceptou a invitación de tres alumnas do nivel para visitar os seus animais.

Tivemos a sorte de visitar a granxa de porcos de Iria, onde puidemos ver ás nais e  aos porquiños. Tamén saudamos á sua cadeliña, demos de comer ao seu cabalo e recollimos os ovos das galiñas.

Despois visitamos cerca da Saínza as vacas de Nagore, e a súa “burrita Lolita”, que comeu moitas cenorias e deixou a quen quixo subir ao seu lombo.

De paso alimentamos tamén aos coellos e pitas da avoa de Carmen.

Foi unha mañá fantástica, na que tamén nos invitaron á merenda e nos coidaron tanto que sempre nos quedarán ganas de volver!


No hay comentarios:

Publicar un comentario