7/2/25

Visitamos Innovart

 “A forma máis elevada de intelixencia consiste en pensar de maneira creativa” Ken Robinson, escritor e pedagogo británico.

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional organizou "InnovArt'25: artísticas, deportivas e idiomas", que tivo lugar os días 6 e 7 de febreiro na Cidade da Cultura de Galicia. 

Trátase dun evento que aglutina as ensinanzas artísticas, as ensinanzas de idiomas e as ensinanzas deportivas que se imparten en Galicia.

O noso alumnado de cuarto de Ed. Primaria tivo a oportunidade de participar en distintos talleres que conformaban este evento. 

Tamén visitaron  o Museo  de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela, que é un centro con fortes potencialidades educativas e sociais, pois ademais das súas tarefas de investigación e educación formal, centra o seu futuro na divulgación científica, dando resposta ás obrigas que esta universidade ten coa cidadanía. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario