"Cando todo pareza ir na túa contra, lembra que o avión despega contra o vento", Henry Ford, empresario estadounidense.
O noso alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria asistiu hoxe á representación por parte da compañía Contra Produccións da obra "O mundo está roto pero pódese camiñar", que é unha peza para público infantil e familiar que, nun ton poético e nunha estética fresca e luminosa, conta o relato dunha reconciliación, coa vida e co seu pai, dunha nena de dez anos ferida por unha perda traumática.
Nesta obra unha nena perde prematuramente a súa nai e, desde entón, está enfadada co mundo. O pai non sabe como romper o muro de incomunicación no que se encerrou a filla e argalla un curioso sistema: escribirlle mensaxes en avións de papel que lle lanza cada día desde o balcón e onde lle encomenda pequenas tarefas diarias como, por exemplo, ir devolver un libro á biblioteca.
Unha bibliotecaria amena e espelida axuda á nena a descubrir o vínculo entre os libros e a vida, logrando establecer coa cativa unha relación divertida, construtiva e inspiradora. Moitos anos despois, a nena, agora escritora, voltará á biblioteca para contarnos aquela experiencia iniciática e sanadora. (https://bit.ly/3O812bH)
Despois todo o grupo deu un "paseo didáctico" por Ourense, descubrindo lugares historias que pensamos foron do seu agrado. Unha xornada completa de aprendizaxes nun contexto distinto ao de outros días!
No hay comentarios:
Publicar un comentario