25/11/24

25N - O machismo é violencia con todas as letras

 "Eu son doutro conto onde as princesas rescátanse soas" 

O machismo é violencia con todas as letras é o lema escollido pola Consellería de Política Social e Igualdade para conmemorar este ano o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Nós, na nosa escola, quixemos darlle unha volta e buscamos un novo abecedario con caseque todas as letras onde buscabamos termos que nos fixeran reflexionar sobre todo o antitético a todo tipo de violencia relacionado c@s outr@s.

Beixo, Familia, Gladiadora, Cariño, Xuntas, ... son algún dos termos que o noso alumnado escolleu e co que traballaron todas as clases ao longo destas xornadas.

Tamén levamos a cabo outras moitas actividades onde o papel de empoderamento das nenas tiñan un rol importantísimo nas relacións entre igual co fin de dar ferramentas a elas (e por suposto a eles tamén) para saber relacionarse mantendo relacións de igual a igual e rexeitando todo tipo de imposicións.

Non temos dúbida que a formación e a información a estas idades son a base para formar ás nosas e aos nosos futuras e futuros cidadáns!!!

15/11/24

O mundo está roto pero pódese camiñar

"Cando todo pareza ir na túa contra, lembra que o avión despega contra o vento", Henry Ford, empresario estadounidense. 

O noso alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria asistiu hoxe á representación por parte da compañía Contra Produccións da obra "O mundo está roto pero pódese camiñar", que é unha peza para público infantil e familiar que, nun ton poético e nunha estética fresca e luminosa, conta o relato dunha reconciliación, coa vida e co seu pai, dunha nena de dez anos ferida por unha perda traumática.

Nesta obra unha nena perde prematuramente a súa nai e, desde entón, está enfadada co mundo. O pai non sabe como romper o muro de incomunicación no que se encerrou a filla e argalla un curioso sistema: escribirlle mensaxes en avións de papel que lle lanza cada día desde o balcón e onde lle encomenda pequenas tarefas diarias como, por exemplo, ir devolver un libro á biblioteca.

Unha bibliotecaria amena e espelida axuda á nena a descubrir o vínculo entre os libros e a vida, logrando establecer coa cativa unha relación divertida, construtiva e inspiradora. Moitos anos despois, a nena, agora escritora, voltará á biblioteca para contarnos aquela experiencia iniciática e sanadora. (https://bit.ly/3O812bH)

Despois todo o grupo deu un "paseo didáctico" por Ourense, descubrindo lugares historias que pensamos foron do seu agrado. Unha xornada completa de aprendizaxes nun contexto distinto ao de outros días!

10/11/24

O pasadizo do terror!

"Ás veces perdes unha batalla. Pero as travesuras sempre gañan a guerra." John Green,  escritor estadounidense.

As mestras de Educación Infantil prepararon unha chea de actividades para conmemorar o Samaín co seu alumnado. Disfraces, merendas especiais, ... e ata un pasadizo do terror cheo de probas e actividades por superar. Todo un acerto!! O noso alumnado gozou con todas elas e este pequeno vídeo e boa mostra diso!!!

6/11/24

Samaín en cinco anos

"Ser neno é vivir entre soños e xogos, sen saber onde rematan uns e empezan outros." Autor descoñecido.

Esta pasada semana quixemos que nenas e nenos fosen os protagonistas dunhas actividades moi especiais. Comezamos o luns, cos ollos brillantes de emoción e as mans ben arremangadas, vaciando cabazas, entre risas e algún que outro berro de sorpresa ao tocar a viscosa masa interior.

O martes foi hora de meter as mans na masa, literalmente, xa que xuntos creamos unhas masas de cores ao gusto de cada quen.

E chegou o gran día de Samaín. Ataviados coas nosas galas máis aterradoras participamos nun circuíto terrorífico con moita diversión e momentos para recordar.