16/1/20

Concurso de debuxo e expresión plástica


 Da Asociación Cultural a Pantalla que traballa no eido do respecto, sentimento e tradición cara o legado cultural e identidade da Limia, a través da figura da Pantalla e doutras máscaras da comarca, recibimos esta convocatoria dun Concurso de artes plásticas.
  

As bases son as seguintes:

 1 O tema da obra é “O Ciclo do Entroido de Xinzo”.
 2 Cada obra debe ir acompañada dun título.
 3 Os datos de cada participante deben aparecer detrás de cada composición.
 4 Establécense tres categorías de participación: 
 - Categoría infantil, 1º e 2º de primaria: DEBUXO. 
 - Categoría de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria: BANDA DESEÑADA. 
 - Categoría de educación secundaria: BANDA DESEÑADA. 
5 O tamaño pode oscilar entre DIN A3 ou DIN A4. 
6 Só se permite unha obra por participante. 
7 O xurado darase a coñecer ao emitirse o fallo, será xente relacionada coa Asociación A Pantalla o Entroido e o mundo artístico. 
8 A data máxima de presentación será o día 14 de febreiro ás 20:00h. 
9 Os traballos enviaranse de maneira escaneada coa mellor calidade ó mail da Asociación: asociacionapantalla@gmail.com, indicando a que etapa educativa corresponde cada un. 
10 A entrega de premios farase nun acto realizado na sede da Asociación Cultural A Pantalla. O fallo darase a coñecer a través da páxina web e do Facebook da Asociación, informando tamén aos centros educativos por correo electrónico. 
11 Haberá dous premiados/as por cada categoría. 
12 Os gañadores ou gañadoras entregarán a obra orixinal e serán publicadas nas redes sociais da Asociación Cultural A Pantalla. Os dereitos de publicación serán cedidos a dita Asociación. 
13 As autoras ou autores gañadores, recibirán un bonito obsequio relacionado co Entroido de Xinzo. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario