Hoxe, luns 9 de decembro tivemos na B.E. outra sesión do Ti tamén contas. Nesta ocasión foi o alumnado de 3º de primaria o que gozou de dous contos que nos trouxo Casi, a nai de Martina e que coñecía a moitos dos alí presentes porque no seu momento, na etapa 0-3, foran alumnas e alumnos seus. No primeiro dos contos a directriz era facerlle caso ó libro que pedía non pasar páxina... pois non houbo maneira! O segundo foi sobre o Medo. Moitas grazas pola participación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario