16/1/18

Exposición na Biblioteca sobre o Cambio climático

Para toda a comunidade educativa, para a vecindade, para outros centros...


  • 19 paneis 100 cm ancho x 200 cm alto con soportes propios.
  • Audiovisual “Cambio Climático: o reto do século XXI” Duración: 15 min.
  • Tríptico da exposición
  • Material divulgativo no enlace da web seguinte


DESCRICIÓN

Moitas das actividades que realizamos na nosa vida cotiá provocan, directa ou indirectamente, emisións de gases de efecto invernadoiro, e por tanto contribúen a un dos principais problemas ambientais deste século: o cambio climático.
A subida do nivel do mar, as vagas de calor, tormentas, inundacións, ...son algunhas das consecuencias, que por todo o planeta, provocara o cambio climático. Nas nosas mans está impedir que isto aconteza, pero, é preciso que todos os actores sociais se involucren na loita contra este fenómeno global.
Tamén cabe dicir que a temática do cambio climático é complexa, e como consecuencia hai un gran descoñecemento sobre el por parte da cidadanía. Con esta exposición pretendese dar a coñecer a todos os galegos e galegas o problema ambiental do cambio climático, informando sobre as súas causas e consecuencias a nivel global e tamén en Galicia. Ademais intenta estimular a participación e reflexión dos visitantes propoñendo novos comportamentos comprometidos e accións positivas co clima que loiten contra o cambio climático e fomenten un desenvolvemento máis equilibrado, social e ambientalmente.
Esta exposición está baseada no proxecto CLARITY - Acción Educativa por el Clima- pretende contribuír ao coñecemento do fenómeno do cambio climático, as súas causas e as respostas que se están propoñendo para facerlle fronte. CLARITY, deseñada en formato CD, é unha ferramenta que facilita a centros educativos, asociacións culturais, concellos e calquera outra organización interesada, a montaxe de súa propia exposición sobre cambio climático e a organización de actividades relacionadas.

http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d168186655kP650326907o1l1/exposicin-cambio-climtico

No hay comentarios:

Publicar un comentario