21/4/16

III CONCURSO de debuxo, conto e relato “FALANDO DE SOLIDARIEDADE”
 convocado polo CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía.
                                                                                                               En memoria de Celtia e Eva. 

Nos centros educativos atopámonos co difícil reto de fomentar unha serie de valores que en moitos casos van contracorrente nunha sociedade cada vez máis distanciada dos mesmos.
Non atopamos un mellor xeito de exemplificalos e levalos á práctica que a través da perspectiva dos nosos  alumnos e alumnas, protagonistas fundamentais do noso sistema educativo e futuros pilares da sociedade. Para isto, terán que expresarse mediante un debuxo, contándonos algún conto ou narrándonos pequenas historias que nos falen de solidariedade e aqueles valores que xiran arredor do seu significado: axuda, apoio, amizade, respecto, integración, colaboración, compañeirismo, igualdade…

Temática:   Solidariedade nos movementos migratorios”
 O alumnado participante non pode ser alleo á actualidade tan dura que estamos a vivir con respecto aos movementos migratorios aos que se ven avocados moitos pobos e as súas xentes debido a conflitos bélicos, a falla de liberdade, a falla de traballo ou oportunidades… na percura dun futuro mellor.
Somos realmente sociedades solidarias?

BASES DO CONCURSO:
  1. Poderán participar rapaces e rapazas que presenten obras orixinais e inéditas  en galego. O xurado valorizará a orixinalidade literaria, a riqueza lingüística e a corrección gramatical de acordo coas diferentes categorías e idades dos participantes.
  2. Establécense diferentes categorías:
-Alumnado de Educación Infantil: debuxos con ou sen texto presentados nos folios oficiais a tal efecto.
-Alumnado de 1°ciclo de Primaria: debuxos con ou sen texto presentados nos folios oficiais a tal efecto.
-Alumnado de 2° e 3° ciclo de Primaria: contos ou relatos, ata un máximo de 2 folios. Se van acompañados de ilustracións, empregaranse para as mesmas os folios oficiais.
-Alumando da ESO e Bacharelado: relatos de ata un máximo de 2 folios.
  1. Presentación:
    1. Debuxos: nos folios oficiais.
    2. Contos: folios din A4, letra times new roman 12 a dobre espazo. Se son ilustrados nos folios oficiais.
    3. Relatos: folios din A4, letra times new roman 12 a dobre espazo. No caso de achegar portada ou ilustración, faranse nos folios oficiais.
    4. As obras deberán ir asinadas cun seudónimo e indicarase o centro escolar ao que pertenza o alumno ou alumna.
  2. Prazo e lugar de presentación:
Ata o 10 de maio, nas seguintes Bibliotecas:
               - CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía e Biblioteca do Concello
               - CEIP Padre Feijoo de Allariz, IES  de Allariz e Biblioteca do Concello
               - No seguinte enderezo electrónico: ceip.padre.crespo@edu.xunta.es
               - Por correo ordinario ao enderezo:  CEIP Padre Crespo – Estrada de Maceda s/n
                                                                                              32670 Xunqueira de Ambía - Ourense
  1. Premios
- Infantil
·         1º premio: bono de 50€ para material escolar, xogo didáctico e lote de libros.
·         2 finalistas: bono de 25€ para material escolar, xogo didáctico e lote de libros.
- 1º,2º e 3º de Primaria
·         1º premio: bono de 50€ para material escolar, xogo didáctico e lote de libros.
·         2 finalistas: bono de 25€ para material escolar, xogo didáctico e lote de libros.
- 4º,5º e 6º de Primaria
·         1º premio: mini tablet, bono de 50€ para material escolar e lote de libros.
·         2 finalistas: bono de 25€ para material escolar, xogo didáctico e lote de libros.
- 1º Ciclo Secundaria:
·         1º premio: dispositivo electrónico para escoitar música, bono de 50 € para material escolar e lote de libros.
·         Finalista: dispositivo electrónico para escoitar música, bono de 25 € para material escolar e lote de libros.
·         - 2º Ciclo Secundaria:
·         1º premio: dispositivo electrónico para escoitar música, bono de 50 € para material escolar e lote de libros.
·         Finalista: dispositivo electrónico para escoitar música, bono de 25 € para material escolar e lote de libros.
- Bacharelato
·         1º premio: dispositivo electrónico para escoitar música, bono de 50 € para material escolar e lote de libros.
·         Finalista: dispositivo electrónico para esocitar música, bono de 25€ para material escolar e lote de libros.
  1. Comporán o xurado os encargados e encargadas das Bibliotecas dos Concellos de Xunqueira de Ambía e Allariz e das Bibliotecas Escolares dos Centros educativos de diferentes  localidades da provincia así coma membros do equipo de profesorado dos mesmos.
  2. O fallo do xurado farase público na semana das Letras Galegas.
  3. O xurado resérvase o dereito de admisión daquelas obras que poidan atentar contra a intimidade ou imaxe de terceiros ou conter comentarios e expresións inapropiadas.
  4. A entrega de premios terá lugar na Colexiata de Santa María en Xunqueira de Ambía o venres 20 de maio do 2016 a partires das 17:00 h.
  5. As obras poderán ser publicadas ben a través dos blogs e páxinas web dos centros educativos ou ben editadas en formato papel.
  6.  A participación neste concurso implica a aceptación das presentes bases.
               
Entidades colaboradoras: Concello de Xunqueira de Ambía, Editorial Galaxia, Libraría Aira das Letras e Bibliotecas dos Centros Escolares e dos Concellos de Xunqueira de Ambía e Allariz.                     
                                                                                                                                            

                                                                                                         Xunqueira de Ambía,  abril de 2016

No hay comentarios:

Publicar un comentario