21/11/13

A nosa biblioteca, espazo de aprendizaxe

   Si, a nosa biblioteca é un espazo para ler, escribir, aprender. É un moderno centro de recursos, organizado segundo unhas normas estandarizadas, que contén materiais en calquera soporte (materiais feitos polo alumnado do Ceip, libros, CD ROM, vídeos, audios...) e que permite o acceso a fontes externas por medio das novas redes da información.
   Ó longo do mes de outubro o equipo dinamizador da biblioteca artellou algunhas actividades das que agora, aínda que tarde, poñemos aquí fotos; houbo sesións de contacontos, entrega de carnés da biblioteca ó profesorado e alumnado novo e de 1º de primaria, de achega a diferentes materiais... e mesmo xogos de pistas onde os diferentes grupos participantes tiñan que atopar algunhas obras ocultas; para conseguilo había que ir enfrontándose a diferentes retos que ó superalos tiñan como recompensa a entrega de algunha pista; unha vez obtidas as cinco pistas (algún dato do protagonista, un parágrafo da obra, a CDU, o nome do autor, título da obra) conseguimos atopar o libro (os) en cuestión.
   Parabéns pola participación, polo entusiasmo, por gozar deste espazo: a nosa biblioteca. E preparádevos porque xa estamos organizando outra nova..


2 comentarios: