23/10/22

SAMAIN NA BIBLIOTECA

Esta semana temos varias novas dende o equipo de Biblioteca. Unha delas ten que ver con Samaín. Segue o enlace á presentación para informarte e participar, esperámoste e seguiremos informando neste días sobre estas e outras novidades.










A continuación podemos ver os bos e terroríficos momentos que pasamos na biblioteca esta semana resolvendo o scape room, Foi un excelente traballo en equipo para poder resolver os enigmas que nos permitían abrir os candados para sair da biblioteca e poder voltar ás nosas casas.


SCAPE ROOM - Kizoa Movie Maker

22/10/22

Abraçamos ao nosso Rio Lima!!

Voltamos á normalidade! Despois destes dous anos de ausencia, volvemos unha vez máis a Ponte de Lima cun dobre propósito: visitar a IV Feira de Educação, Ciência e Tecnologia e participar no XI Abraço ao Rio Lima, desta vez coa estupenda compañía d@s nos@s compañeir@s do CEIP Plurinlingüe das Vendas da Barreira, do CEIP Carlos Casares de Xinzo de Limia e cos máis de doce centros educativos de Ponte de Lima.

Foron dous días cheos de actividades e dunha marabillosa convivencia entre o alumnado dos dous centros. Fixemos un montón de actividades: visitamos o Museu dos Terceiros, coñecimos a sé do Agrupamento de Escolas António Feijó (da man do noso bo amigo João Carlos Gonçalves e na compaña do seu director, José António Fernandes da Silva) "brincamos" nas instalacións do CE As Lagoas, vivimos a experiencia da realidade virtual, lanzámonos en tirolina, experimentamos coa robótica e a química, coñecimos con Sam a Quinta Pedagógica de Pentieiros e moitísimas cousas máis durante dous días enteiros cheos de actividade!

Agradecer especialmente ao Concello de Xinzo de Limia e á Câmara Municipal de Ponte de Lima por poñer todas as facilidades posibles para que estas dúas actividades se poideran levar a cabo, especialmente ao persoal da Área Protegida das Lagoas de Bertiandos e S. Pedro d'Arcos (Vera, Irene, Sandra, Lourenço, ...) polo exquisito trato recibido por parte del@s nestas xornadas tan intensas... e á nosa alcadesa, Elvira Lama, por acompañarnos ao longo de todo o día do Abraço.

Destacar tamén ao profesorado que acompañou ao alumnado durante máis de 48 horas e que sempre estivo ao tanto del@s para que poideran aproveitar cada minuto deste experiencia inesquecible para tod@s el@s. Grazas... Alfredo, Ana, Jose e Mari polo voso esforzo e dedicación!

Xa temos gana de que chegue a primavera e recibir como se merecen a todas estas novas amizades na nosa vila de Xinzo de Limia como se merecen. Ate já !!!


Podedes saber máis de como o pasamos en:  https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvendasdabarreira/node/171




10/10/22

Venres de experimentos!

Englobado dentro do PDI do centro, xa empezan varias aulas a traballar sobre o tema común que é a AUGA.
Desta volta foi o alumnado de segundo de primaria C o que fixo varias experiencias co líquido elemento como obxecto de investigación. Traballaron, entre outras cousas,  o tema do Universo e das combinacións de cores. 
Quedan aquí as mostras do gran traballo que fixeron! 








12/9/22

Que ben nos facemos entender!!!

O pasado venres contamos coa presenza no noso centro con María e Ceci, logopedas da asociación de Síndrome de Down, que  impartiron unha charla taller co alumnado de 6°B para dar a coñecer diferentes formas de comunicarnos. Entre elas presentáronlle algúns dos signos que emprega a súacompañeiraTati. Así da gusto facernos entender!!!







25/6/22

Visitamos un dos rincóns máis fermosos do mundo!!

Bautismo de mar (nesta ocasión de río...) para unha gran maioría do noso alumnado de terceiro de Educación Primaria!

Dentro do noso itinerario de actividades extraescolares para todo o centro introducimos este ano a visita á Ribeira Sacra, cunha chea de actividades lúdico educativas que foron moi entretidas para as nosas nenas e nenos.

Unha andaina, a visita a Luintra e aos Peares, o taller de alfarería e, como non, a viaxe en catamarán remontando o río Sil.

Unha experiencia sen dúbida inesquecible para este grupo de rapazas e rapaces tan aguerrid@s! 

Fotografías: Alfredo Dorribo e Martín Lamelas

Música: Carlos Nuñez: A Irmandade das Estrelas (25 aniversario)

24/6/22

E chegou o gran día para @s nos@s maiores !!!

Día de graduación para o noso alumnado de sexto de Educación Primaria. 
O salón de actos da Casa de Cultura cheo a rebentar.... Moitas emocións, algunhas bágoas e sensacións agridoces... Medrar, madurar .... é lei de vida.... 
So nos queda compartir con vos unha das nosas citas favoritas…. “ad astra per aspera” ("hasta las estrellas mediante el sacrificio") que é unha variante da frase “non est ad astra mollis e terris via” ("no hay un camino fácil desde la tierra a las estrellas")  que Séneca O Novo, filósofo grego nado na actual Córdoba, escribiu fai máis de 20 séculos.

Cando falamos de sacrificio, queremos dicir esforzo. Debedes esforzarvos, loitar polo que queredes, porque ese é o único camiño cara os éxitos que estamos seguro que vos esperan nas vosas vidas. Aí estarán persoas moi importantes acompañándovos moi de preto nese reto de superación persoal: as vosas nais e os vosos pais, por suposto… os primeiros da fila, as vosas familias, os vosos profesores e profesoras que vos ensinarán un feixe de cousas novas nesta etapa que agora ides comezar,  e estas amigas e amigos cos que levades rindo e chorando toda unha vida xuntos…

Pero tamén nos gustaría que non vos esquecerades das vosas mestras e si, dicimos mestras en feminino, porque tedes tido a grande fortuna de poder contar con grandes mulleres que vos teñen moldeado (e a algún e a algunha de vós con moito esforzo!!)  e que sempre serán referentes por todas “esas primerias veces de case todo” que vivistes xuntos. Non imos a citar a ningunha delas en particular, porque todas elas (e eles tamén) son excelentes profesionais e moitísimo mellor persoas. Non as esquezades… e tende por seguro que se algunha vez precisades delas…. Elas alí estarán para o que necesitedes. 
Grazas compañeiras por ser como sodes, … temos a grande fortuna de poder compartir este “oficio” tan fermoso que exercemos: formar boas persoas como estas sesenta e dúas bravos e bravas rosalianas ás que hoxe simplemente lles dicimos un Ata Logo!!!


 

22/6/22

Xa somos un pouco máis "maiores"

E chegou o día... Despedida do mandilón, d@s compañeir@s que durante tres anos compartiron vivenzas e aprendizaxes, das rutinas, das asambleas, ... 

Xa somos case nenos e nenas de Educación Primaria e agora só nos queda dar as grazas a todas as mestras e mestres que durante estes anos coidaron de nós e nos axudaron a evolucionar en ser cada vez máis un poquichiño "nós". Temos que descatar, lóoxicamente á profe Diana e á profe Sonia, as nosas "nais" na escola..... Son mestras que estarán para sempre nos nosos recordos de nenez... 

E pouco máis, dia de graduación.... bágoas e sorrisos por doquier, á espera deses cambios que están por chegar e que fan da espera momentos para non esquecer estes tres marabillosos anos que pasamos nesta etapa de Educación Infantil !!!



E volvimos a Asturias!!!

Tras dous anos de ausencia, chegou o momento de volver a facer a gran viaxe de fin de curso do centro... ASTURIAS!! E desta volta non o puidemos facer en mellor compaña. Cas nosas compañeiras e compañeiros do CEIP das Vendas da Barreira compartirmos  estes catro días de actividades, diversión e aprendizaxe. A experiencia foi marabillosa para todoo grupo e fixemos fortes lazos de amizade que seguro que co paso do tempo non farán máis que afianzrse. Aquí vos deixamos unha escolma de todo o que alí vivimos e gozamos. Non vos podedes perder a segunda parte deste vídeo no seguinte enlace: 

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvendasdabarreira/node/157

Fotografías: Profesorado do CEIP Rosalía de Castro e do CEIP das Vendas da Barreira

Música:    Lady Gaga - Hold My Hand (From “Top Gun:Maverick)

Shakira, Rauw Alejandro - Te Felicito

Queen - Friends Will Be Friends

20/6/22

Rumbo ás Illas Cíes!!

Quenda do alumnado de cuarto de Educación Promaria, que visitaron o Parque Natural as Illas Cíes.
As Illas son un paraíso natural  na ría de Vigo que forman un impresionante Parque Natural Mariño Terrestre. Este arquipélago fórmano tres illas: Norte ou Monteagudo, do Medio ou do Faro e Sur ou San Martiño. As dúas primeiras están unidas por medio do areal da Praia de Rodas e un  crebaondas. As Illas Cíes foron declaradas Parque Natural en 1980 e incluídas no Parque Natural das Illas Atlánticas de Galicia creado no ano 2002.
O noso alumnado gozou dunha xornada en contacto coa natureza e de convivencia coas súas compañeiros e compañeiras, facendo algúns delas e deles a súa primeira travesía en barco!!
Fotografías: Manuela Vázquez Bouzas


19/6/22

Visitamos Marcelle Natureza

Está a rematar o curso e é tempo de coñecer novos lugares. Desta volta o alumnado de primeiro e segundo visitaron Marcelle Natureza, onde da man dos monitpres do parque poideron coñecer un montón de especies de animais e tomaron coinciencia da importancia de coidar e respectar todos os seres vivos que con nón conviven na terra.

Tempo de aprender un montón de cousas dun xeito diferente!!

Fotografías: Profesorado do CEIP Rosalía de Castro

13/6/22

Agora si que o pasamos ben no patio!!!

Despois de dous anos de formación cos docentes de Patios Dinámicos, chegou a hora de poñer en práctica todo o aprendido.
Este curso 2021 - 2022 foi o promeiro onde acotamos dúas zonas de xogo (unha para Primaria e outra para Infantil) onde se propoñía ao alumnado que facía recreo nese lugar distintos xogos para que non todo sexa fútbol e carreiras...
E vaia éxito!
A participación foi masiva e a demanda de distintos xogos cada semana creaba neles esa inquietude por saber a que ían xogar cando chegaban á zona 5 (de Primaria) ou á zona 3 (de Infantil).
Seguiremos ampliando esta oferta con novas propostas para o curso vindeiro, que seguro non deixarán a máis dun e dunha coa boca aberta.... Non perdades o que está por chegar!!!
Fotografías: Profesorado do CEIP Rosalía de Castro

"Música, maestr@!!"

O mércores 8 de xuño asistimos ao Concerto Didáctico que o profesorado e o alumnado do Conservatorio Profesional de Xinzo de Limia preparou na Praza da Música para o noso alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria.

Foi un hora dunha escolma de pezas clásicas onde non faltou a interacción co público asistente e a maior da empatía por parte de tod@s @s artistas que participaron neste fermoso concerto.

Non quedan máis que agradercer ao CMUS por esta iniciativa tan interesante e a todos músicos que compatiron con nós todo o seu ben facer! Parabéns para tod@s!!

Fotografías: Manuela Vázquez Bouzas

Música: Queen - Radio Ga Ga



10/6/22

Tempo de botarse ao Camiño !!!

O noso alumnado de cinco anos, dentro do Plan Proxecta do centro, paticipou na actividade "Vexo, vexo Xacobeo", organizada pola  Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, dentro da Axencia Turismo de Galicia e a través da S. A. de Xestión do Plan Xacobeo. 

Este programa educativo multidisciplinar pretende achegar ao alumnado o significado e os valores do Camiño de Santiago e do Xacobeo e traballar, dende as primeiras etapas, estes conceptos que forman parte da súa contorna social e cultural.

Foron moitas as sorpresas que as nenas e nenos de cinco anos atoparon no tramo que vai dende Porto Alto ata o Parque da Pantalla de Xinzo de Limia. Queredes ver cales foron?

 Temos que agradecer a colaboración da Agrupación de Protección Civil e a Policia Local de Xinzo de Limia pola súa colaboración para a posta en marcha desta xornada de aprendizaxe fóra da escola. 

Fotografías: Sonia Pombar, Rita Reza e Diana Vispo

Música:: Astarot:  A Santiago vou

8/6/22

EXPOSICIÓN DE CIRCUITOS E EXPLOSIÓN DE CREATIVIDADE!

A semana pasada o alumnado de 6º curso colaborou coa Biblioteca preparando o espazo creativo para expoñer as súas maquetas de circuitos eléctricos. 

Primeiro unha "brigada" de voluntarios prepararon o espazo para poder expoñelos todos ( xa que eran moitos) e colocaron o material de xeito que o resto de alumnado que pasa pola biblioteca semanalmente poidera velos e interactuar con eles coa supervisión do seus titores. 

Durante toda a semana estiveron expostos e, na medida do posible, algúns axudantes de 6º ata fixeron de guías para explicar os seus proxectos.

Grazas a eles entendemos moito mellor algúns conceptos relacionados con este tema da electricidade. E o máis imnportante e que seguro que os seus autores e autoras disfrutaron e aprenderon dun xeitro practico e activo durante todo o proceso.

NORABOA ATOD@S

Estes son alguns exemplos e no enlace podedes ver moitas máis fotos. (En breve publicaremos nesta entrada unha fotomontaxe co resultado final )













5/6/22

Separar para recuperar!

 So temos un planeta Terra! Non hai plan B!

Estas dúas ideas son básicas para entender que a reciclaxe debe estar máis presente que nunca nas nosas casas, entre outras medidas a adoptar para coidar do noso medio ambiente.

Da man de Mónica, monitora da área de educación de SOGAMA, o noso alu,mnado de Ed. Infantil, 4º e 6º de Ed. Primaria asistiron a uns obradoiros onde lles explicaron o papel funda,mental que temos cada un de nós facer pequenas accións que axudan moito a presevar o entorno no que vivimos.

As tres "Rs" son básicas e reutilizar, reducir e reciclar debe ser feitos que fagamos cada día dun xeito máis natural e intensivo. Formar ás novas xeracións e a súa influencia sobre os adultos cos que conviven será a chave para facer deste mundo un lugar sostible onde poder convivir!

Fotografías: Profesorado do CEIP Rosalía de Castro

1/6/22

A voltas coas novas tecnoloxías !!

Non sabemos que ten a aplicación das novas tecnoloxías ao ensino... pero é que non saen do noso centro!!

Desta volta foi a quenda dun obradoiro da man de AFUNDACION, dentro da súa oferta deste tipo de actividades a realizar nos centros educativos, para potenciar as competencias STEAM (Science, Technology, Engineering and Maths) para o  alumnado de 4º de Ed. Primaria.

Foi un taller de electrónica básica, scratch e programación con microbit que tiña como liña de traballo  "A arte das emocións". Todo o alumnado "cacharreou" con estes dispositivos para, mediante código de progamación (neste caso co software Makecode) conseguir que a placa microbit poidera "expresar os seus sentimentos".

Unha mañá para profundizar nestas competencias básicas e tan presentes na nosa sociedade actual e poñer, por que non, a semente de futuras  vocacións científicas  que den pasos de xigante no desenvolvemento destas áreas básicas do coñecemento.

Fotografías: Manuela Vázquez

Música: The Buggles- Video Killed The Radio Star

En nada... xa estaremos alí !!!

O pasado venres, 27 de maio, o noso alumnado de sexto de Educación Primaria visitou as instalacións do IES Lagoa de Antela, centro educativo que será o seguinte chanzo na súa etapa escolar.

Da man do alumnado de 1º de ESO e do equipo directivo do centro, tomaron contacto co que será durante varios anos o seu "novo cole".

Falaron de horarios, asignaturas, profesorado, actividades e, como non, da cafetería do centro, lugar de encontro para tod@s est@s xa "futuros adolescentes".

Sabemos que a ilusión por medrar, por "cambiar"... endexamais borrará o seu ADN rosaliano, e que a súa escola sempre será o Rosalía! En nada.... estarán alí!!!



31/5/22

Saímos cara Allariz!!

Quenda das nosas nenas e nenos de catro anos para visitar ao Centro de Hípica de Allariz e o Parque Ecoespazo do Rexo.

Un día cheo de actividades onde poideron comprobar que coidados reciben os animais nestes dous lugares, montar en poni, ver todo o proceso de elaboración do queixo e, como non, poder catalo!

Ademáis tamén tiveron tempo de xogar no parque e xantar tod@s xunt@s! Un día inesquecibel que seguro que quedará no seu libro de lembrazas do seu paso polo cole!


Fotografías: Raquel Ferreiro

Música: Ed Sheeran - Shape of You

Imos á feira

Nova saída do alumnado de cinco anos do noso centro... Esta vez, tocou ir á feira. 

Dentro do proxecto que están a traballar este curso 2021-22, no que as súas mestras se fixaron como obxectivo que os súas nenas e nenos coñeceran o entorno máis próximo no que viven, e que mellor que visitar a feira que se celebra en Xinzo cada 14 e 27 de cada mes.

Visitaron os postos de venda ambulante, mercaron churros e chocolate e poideron saborear o mellor polbo de Xinzo, o do Pucho, convidad@s por Alejandra e Loló, e moi ben atendidos por Susana. Moitas grazas ás tres!

Para rematar esta xornada tan intensa foron ao parque do Toural onde comeron e pasaron un rato estupendo. 

Novos espazos de aprendizaxe .... tan importantes como a propia escola!!

Fotografñias: Profesorado do CEIP Rosalía de Castro

Música : Camilo - Millones


29/5/22

Primeira "excursión" d@s nos@s benxamíns !!

Inicia o alumnado de tres anos o seu itineraio de actividades extraescoalres cunha saída moi esperada por tod@s! O seu destino e o pobo escola de Lodoselo, onde a vivir un montón de aprendizaxes distintos aos que fan día a día na escola. Facer pan, montar en carro, escoitar historias, plamtar unha planta, experimentar cos seus sentidos, ... son algunhas das actividades que ao longo desta xornada fixron e que estamos segur@s que quedarán para sempre nos seus recordos de nenez! Grazas a Toño e q todo o equipo do CDR do Viso por facer desta visita unha experiencia inesquecible para @s máis pequen@s do noso cole!!

Fotografías: Ana López e Tilde Martínez

Música:: TheHousemartins - Me And The Farmer