20/11/25

Cuentos para entender el mundo

 "A lectura fainos a todos inmigrantes. Lévanos lonxe da casa, pero o máis importante é que nos atópa fogares en todas partes"

 Jean Rhys, novelista.

Nesta segunda sesión de contacontos a man de Tita, nai pisacharcas de Alba de 4º de educación primaria, escolleu CUENTOS PARA ENTENDER EL MUNDO. 

É un compendio de contos que o autor recupera e adapta ós tempos actuais deixando de fondo as mensaxes orixinais e a esencia dos mesmos. Con eles invítanos a reflexionar sobre a vida, a sociedade e as relacións e emocións humanas. O alumnado tivo a  oportunidade de explorar, dende a Biblioteca Escolar, temas como a soidade, o amor, o medo e a esperanza. 





¿Este perro no tiene cola?

O libro para ler non é o que pensa por ti, senon o que te fai pensar. 

Harper Lee.

Nesta sesión contamos coa nai pisacharcas de Iria, de 5 anos. Tita fixo que a clase da súa filla o pasase pipa con este conto. 

A de hoxe é unha divertida historia sobre a chegada dun novo membro á familia. É útil para aquelas familias que queren preparar ao futuro irmanciño ou irmanciña maior para a chegada  dun bebé. Todo visto dende o punto de vista dun can que observa como os demáis familiares enchen ó novo integrante da familia de atencións e agarimos. Pero algo non lle encaixa ó noso protagonista. Pensará Rufus que o bebé é un can?






Mi pequeña

 " Un fogar sen libros é como un corpo sen alma" 

Cicerón.

O conto de hoxe, MI PEQUEÑA, é un relato epistolar para todas as fillas do mundo. Neste caso foi un libro especialmente adicado a Kloe de 1º, xa que o que o veu a contar Karla, a súa nai pisacharcas. Trata sobre o proceso, ás veces difícil pero necesario e enriquecedor, de deixar voar aos fillos e fillas, de promover o seu crecemento como un proceso natural nos que acompañalos. Ás veces hai que invitalos a atreverse, a ser valientes, a pedir axuda e en definitiva a descubrir o mundo.  Que mellor xeito que dar alento dende a Biblioteca Escolar. 





17/11/25

La primera aventura del ratoncito Pérez

 «Un libro é unha proba de que os seres humanos son capaces de facer maxia»,

Carl Sagan.

De novo con nós unha nai pisacharcas, desta vez Magalí , a nai de Ares. Que terá que ver o fondo marino co ratón Pérez? Pois ahí comeza a aventura, cunha ostra que perdou a súa perla e que precisa algo semellante, branco, duro e brillante.

O noso protagonista xunto con moitos e diversos animais, serán os encargados de buscar unha solución para axudar á ostra. Un conto sobre a creatividade, sobre as similitudes e un xeito máxico de explicar aos máis pequenos a onde van os dentes que marcan o feito de que se fan maiores.





10/11/25

A pantasma das bragas rotas

"Os nenos fanse lectores no regazo de seus pais" 

Emilie Buchwald, autora estadounidense.


Fai uns días asistimos ao contacontos de A PANTASMA DAS BRAGAS ROTAS da man dun pai pisacharcas, Fabio. Os compañeiros e compañeiras de Lía de 3 anos, pasárono en grande escoitando esta historia chea de sustos.  

En Castrelo Pesadelo, os veciños non poden durmir nin vivir tranquilos porque a Pantasma das bragas rotas asústalles a todas horas. Para rematar con este asunto, irán ao seu castelo Mario Abecedario, Augusta a Robusta e Eira a Bombeira, pero todos fuxen aterrecidos. Como conseguirán solucionar o problema da Pantasma das bragas rotas? Garda o segredo Finiña a Avoíña.





La bella y la bestia y Peter Pan

 "Hai máis tesouros nos libros que en todo o botín do pirata de “A illa do tesouro”.

Walt Disney

A quen non lle gusta un clásico? Aos nenos e nenas do colexio Rosalía de Castro sí. E desfrutaron de dous deles, PETER PAN E LA BELLA Y LA BESTIA grazas a Mª Carmen, nai de Mélody de educación infantil.

Dúas historias inolvidables. Unha chea de indios, piratas, crocodilos famentos e nenos incansables que non queren crecer, senon seguir deixando voar a súa imaxinación. A outra ensínanos unha princesa que devora libros, unha bestia e outras personaxes atrapadas na forma de reloxo, armario ou taza e que solo a través do amor se liberan.

Na nosa Biblioteca Escolar aínda agardan moitos clásicos para ser lidos. Animádevos!