Limia é... on PhotoPeach
28/5/13
Limia é...
biblioteca escolar
a limia,
ceip rosalia de castro,
letras galegas,
pdi,
Roberto Vidal Bolaño,
xinzo
aqueles marabillosos anos...
AQUELES MARABILLOSOS ANOS... on PhotoPeach
biblioteca escolar
a limia,
actividades,
ceip rosalia de castro,
comunidade escolar,
letras galegas,
proxecto documental,
río Limia,
Roberto Vidal Bolaño
25/5/13
o abraço ao río Limia
Os ríos unen xentes, culturas, pobos... As nenas e nenos da nosa escola compartiron dúas xornadas de convivencia con alumnas e alumnos de Ponte da Limia, xornadas encamiñadas a potenciar as relacións entre estes dous pobos, irmandados dende fai máis de 25 anos. Viron o nacemento do río, preto de Xinzo, exploraron o seu curso, visitaron os lugares por onde pasa, xantaron xuntos, cantaron, bailaron, representaron... unha chea de actividades. O III abraço ao Limia tivo lugar en Ponte da Lima, no mes de Outubro. Unha pequena mostra do IV abraço ao Limia, neste mes de maio en Xinzo, é a presentación de fotos que tendes aquí.
o abraço ao río Limia on PhotoPeach
23/5/13
sesión de cinema na Casa da Cultura
Co gallo das Letras Galegas organizamos na nosa escola un ciclo de cinema "Ollando en galego". A pasada semana adicámola ás curtas, nesta estamos a proxectar longametraxe. Onte as alumnas e alumnos de 4º, 5º e 6º viron "O Apóstolo" na Casa da Cultura de Xinzo de Limia, falaron co director da película, Fernando Cortizo, e puideron ver e tocar a algúns dos personaxes. Aquí os tendes!!!
biblioteca escolar
casa da cultura,
cinema. letras galegas,
fernando cortizo,
o apóstolo,
Roberto Vidal Bolaño,
xinzo
17/5/13
nas letras galegas... poemas da Limia
Aquí tendes o traballo realizado por toda a comunidade escolar: pais, alumnos, administrativos... Esperamos que vos axude a coñecer de preto a Limia, o seu río e aos seus poetas, os que están e os que nos deixaron. Nós, dende o CEIP Rosalía de Castro, descubrimos cada día algo novo da nosa terra e da nosa lingua.
biblioteca escolar
a limia,
ceip rosalia de castro,
comunidade escolar,
letras galegas,
o río,
pdi,
xinzo
15/5/13
O APÓSTOLO
O vindeiro mércores 22 de maio, no ciclo de cinema "Ollando en galego" (Letras Galegas, 2013), veremos a longametraxe "O APÓSTOLO". Falaremos co seu director Fernando Cortizo e poderemos escoitar como foi a rodaxe, e aprender moito sobre o cinema. Se queredes saber algo máis sobre o filme, premede sobre o logo da película e accederedes á súa web oficial.
Powered by
Issuu
Publish for Free
biblioteca escolar
ceip rosalía de castro,
cinema.,
fernando cortizo,
letras galegas,
o apóstolo,
Roberto Vidal Bolaño
12/5/13
Ollando en galego... ciclo de cinema
Estas son as curtas que presentaremos na semana do 13 ao 16 de maio:"As caras de Rosalía",elixida por ser a primeira autora homenaxeada no ano 1963 nas Letras Galegas" e elaborada polo Equipo Dinamizador do CEIP Rosalía de Castro; presentación sobre Roberto Vidal Bolaño, o autor, director e actor homenaxeado este ano (elaborada polo CEIP Pedrouzos de Brión); "A apócema máxica", curta ideada e gravada na nosa escola o pasado ano e interpretada por tres exalumnas do colexio, "A escola das areas" e "Alistán, o demo oveiro", curtas de animación elixidas polas mestras dos distintos ciclos e, por último, "Os Bolechas", curtas baseadas nos contos de Pepe Carreiro, elixidas polos nosos alumn@s de E. Infantil.
Para a semana do 21 ao 24 de maio, eliximos as seguintes longametraxes: "A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol",para @s rapaces dende 1º a 3º ; os de 4º, 5º e 6º verán "O Apóstolo" na casa da Cultura de Xinzo e terán unha charla co seu director, Fernando Cortizo, e os de E.Infantil, continuarán coa proxección dos seus preferidos, "Os Bolechas". Esperamos que disfrutedes con esta actividade. Agradecemos a CRTVG a súa inestimable colaboración á hora do empréstito de parte do material e ao Concello de Xinzo por permitirnos o uso do salón de actos da Casa da Cultura para a proxección de "O Apóstolo".
Agradecemos a profe Maite o seu esforzo e axuda na preparación deste Ciclo e a súa colaboración durante o tempo que se desenvolveu a actividade.
Agradecemos a profe Maite o seu esforzo e axuda na preparación deste Ciclo e a súa colaboración durante o tempo que se desenvolveu a actividade.

biblioteca escolar
biblioteca escolar,
ceip rosalía de castro,
cinema. letras galegas,
galego,
Roberto Vidal Bolaño
10/5/13
Ollando en galego
Este ano, co gallo das Letras Galegas, propoñemos unha nova actividade no noso cole: cinefórum. A vindeira semana é a semana das curtas e a seguinte proxectaremos algunhas longametraxes. Aquí tendes os carteis que as anuncian e os horarios:
Powered by
Issuu
Publish for Free
Powered by
Issuu
Publish for Free
Powered by
Issuu
Publish for Free
Powered by
Issuu
Publish for Free
biblioteca escolar
actividades,
ceip rosalía de castro,
cinema.,
festas,
galego,
letras galegas,
Roberto Vidal Bolaño
8/5/13
...máis recursos para celebrar as Letras Galegas no 2013
Dende a BE do CEIP Rosalía de Castro queremos compartir con vós a seguinte ligazón, onde poderedes acceder a recursos para poder traballar nas aulas as Letras Galegas. Tamén os podedes ver premendo na imaxe da esquerda que representa a Roberto Vidal Bolaño, autor e actor homenaxeado iste ano.
biblioteca escolar
ceip rosalía de castro,
galego,
letras galegas,
persoeiros galegos,
recursos,
Roberto Vidal Bolaño
5/5/13
música na Limia...
E como vos gustou tanto a música do vídeo "Lembranzas do Certame Escolar Carlos Casares", aquí tendes a interpretación en vivo de Arcadio e Jorge, tal e como foi, o 15 de xuño do 2012 no Concerto de fin de curso do Conservatorio Profesional de Música de Xinzo de Limia.
2/5/13
recursos letras galegas 2013

O blogue das Bibliotecas Escolares de Galicia vai actualizando día a día toda unha chea de recursos para poder traballar as Letras Galegas nas escolas. Podedes acceder a eles premendo na imaxe do autor homenaxeado iste ano, Roberto Vidal Bolaño.
1/5/13
lembranza do Certame Escolar Carlos Casares na Limia, curso 2011/12
Con motivo da conmemoración do décimo aniversario do pasamento de Carlos Casares, foi convocado un concurso de creación plástica e literaria, no que varios nen@s do CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia, foron premiados. O concurso estaba destinado a todos os escolares da zona e promovido conxuntamente polo Centro de Cultura Popular do Limia, o Museo da Limia e a Fundación Carlos Casares. Adobiámolo vídeo con música interpretada polos alumn@s do Conservatorio Profesional de Xinzo de Limia no seu concerto de fin de curso.
biblioteca escolar
biblioteca,
Carlos Casares,
concursos,
conmemoracións,
fomento lectura,
galego,
persoeiros galegos
As caras de Rosalía
Comezamos o mes das Letras Galegas. Dende a BE de Xinzo de Limia, facemos unha pequena homenaxe á primeira persoa a que se lle adicaron as Letras Galegas, alá polo ano 1963. Pescudamos na rede e atopamos as distintas facianas que nos amosan a Rosalía de Castro e atopamos tamén a música xenial dun rapaz que rapea á escritora, KadiGB.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)